Armida (Rossini)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Armida
Forma Ópera
Actos e escenas 3 actos
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Giovanni Schmidt
Fontes literarias Gerusalemme Liberata (1575), Torquato Tasso.
Estrea 11 de novembro de 1817
Teatro da estrea Teatro San Carlo
Lugar da estrea Nápoles
Música
Compositor Gioachino Rossini
Localización da partitura Archivio di Casa Ricordi, Milán
Personaxes

véxase Personaxes

Armida é unha ópera seria en tres actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Giovanni Schmidt baseado en Gerusalemme Liberata (1575), de Torquato Tasso. Foi estreada no Teatro San Carlo de Nápoles o 11 de novembro de 1817.

Historia[editar | editar a fonte]

Armida foi representada por primeira vez no Teatro San Carlo de Nápoles o 11 de novembro de 1817. Isabella Colbran foi a encargada de cantar o papel principal, que é un dos máis longos e esixentes escritos por Rossini, con pasaxes difíciles de coloratura ao longo de toda a ópera. O exemplo máis notable pódese atopar en "D'amore al dolce impero", no segundo acto, nos duettos entre Armida e Rinaldo, e en partes do acto final. A ópera tivo un escaso éxito na súa estrea, debido á música considerada "extravagante" para a época (un terzetto para tenores e o final no que Armida desata unha masacre e destrúe o castelo de Rinaldo).

A primeira representación moderna tivo lugar no Teatro Comunale Florence o 26 de abril de 1952, durante o Maggio Musicale Fiorentino, con Maria Callas e Francesco Albanese nos papeis principais, e Tullio Serafin como director. Máis recentemente realizáronse representacións en Aix-en-Provence en 1988, con June Anderson, Rockwell Blake, Raúl Giménez, baixo a batuta de Gianfranco Masini, e no Rossini Opera Festival en 1993, con Renée Fleming e Gregory Kunde, baixo a batuta de Daniele Gatti. A estrea no Metropolitan Opera tivo lugar o 12 de abril de 2010, con Renée Fleming encarnando a Armida.[1]

Os papeis principais, a pesar de que a ópera non é moi representada, foron encarnados por prestixiosas sopranos como Cristina Deutekom, Katia Ricciarelli, Renée Fleming, Cecilia Gasdia, ou June Anderson no papel de Armida, ao igual que no caso do papel de Rinaldo, encarnado por tenores do talle de Rockwell Blake, Gregory Kunde, ou Chris Merritt.

Esta ópera é moi pouco representada, aparecendo nas estatísticas de Operabase con tan só dúas representacións no período 2005-2010.[2]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea, 11 de novembro de 1817
(Director: Nicola Festa)
Armida, princesa de Damasco, unha feiticeira soprano Isabella Colbran
Rinaldo, un paladín cabaleiro tenor Andrea Nozzari
Gernando, un paladín tenor Claudio Bonoldi
Ubaldo, un paladín tenor Claudio Bonoldi
Carlo, un paladínn tenor Giuseppe Ciccimarra
Goffredo, (Godofredo de Bouillon), o líder dos paladíns tenor Giuseppe Ciccimarra
Eustazio, seu irmán tenor Gaetano Chizzola
Idraote, cabaleiro de Damasco e tío de Armida baixo Michele Benedetti
Astarotte, líder dos espíritos de Armida baixo Gaetano Chizzola
Paladíns, guerreiros, demos, espíritos

Argumento[editar | editar a fonte]

Fonte: Metropolitan Opera.[3]

Data: As Cruzadas
Lugar: nos arredores de Xerusalén

Acto I[editar | editar a fonte]

Goffredo, comandante das forzas cristiáns, consola e reanima aos soldados francos, que están de duelo pola recente morte do seu líder. Unha nobre aparece e se presenta como a rexenta dos damascenos. Declara que o seu trono foi usurpado polo seu tío Idraote, e pide axuda e protección. En realidade a muller é a feiticeira Armida e está asociada con Idraote, que a acompaña disfrazado. O seu plan é debilitar ás forzas cruzadas escravizando a algúns dos seus mellores soldados. Os homes, que quedan fascinados pola súa beleza, convencen a Goffredo para que a axude. Goffredo decide que os francos deben elixir un novo líder, quen escollerá a dez homes para acompañala. Eles escollen a Rinaldo, un dos seus mellores soldados, espertando os celos doutro cruzado, Gernando (Non soffrirò l'offesa). Armida e Rinaldo xa se encontraran noutra ocasión, e ela está secretamente namorada del. Agora ela enfrontase a el e lle lembra como lle salvou a vida nese momento. Cando ela o acusa de ingratitude el admite que está namorado dela (Duo: Amor... possente nome!). Gernando veos xuntos e increpa a Rinaldo, acusándoo de ser un sedutor fronte aos demais homes. Bátense en duelo e Rinaldo mata a Gernando. Horrorizado polo que ten feito, escapa con Armida antes de que Goffredo poda castigalo.

Acto II[editar | editar a fonte]

Astarotte, unha das princesas do inferno,ten traído ao bosque a un grupo de demos para axudar a Armida. Ela chega con Rinaldo, que está completamente encantado por ela (Dúo: Dove son io!). Mesmo cando ela lle explica o plan que ten concibido con Idraote, el non se rebela na súa contra. Marabillado, Rinaldo ve como Armida converte o bosque nun pazo de praceres. Armida medita sobre o poder do amor (D’Amore al dolce impero) e lle ofrece diversión a Rinaldo cunha pantomima sobre un guerreiro seducido por un grupo de ninfas. Rinaldo, que perdeu todo o sentido do honor militar, entrégase aos encantos de Armida.

Acto III[editar | editar a fonte]

Dous dos antigos camaradas de Rinaldo, Ubaldo e Carlo, foron enviados para rescatalo. Cando chegan aos xardíns encantados de Armida, quedan abraiados pola súa beleza, a pesar de que saben de que todo é unha ilusión. Coa axuda dunha vara máxica de ouro, protéxense das ninfas que tratan de seducilos, e agóchanse cando aparecen Rinaldo e Armida. Rinaldo aínda está cativado pola feiticeira, mais cando se queda a soas, Ubaldo e Carlo o enfrontan. Cando lle mostran o seu reflexo nun escudo adamantino descubre horrorizado que non recoñece ao honorable guerreiro que foi algunha vez (Trío: In quale aspetto imbelle). Aínda desgarrado polo seu amor por Armida, Rinaldo roga por forzas e marcha cos seus compañeiros. Armida invoca os poderes do inferno para recuperar ao seu amado, mais todo é inútil. Armida sae en busca dos homes.

Armida consegue alcanzalos antes de que embarquen e pídelle a Rinaldo que non a abandone, e mesmo se ofrece a acompañalo na guerra. Ubaldo e Carlo conteñen a Rinaldo, tratando de darlle forzas e finalmente apartándoo do seu poder. Armida debátese entre o amor e o desexo de vinganza (Dove son io!... Fuggì!). Ela decide vingarse, destrúe o pazo e marcha enfurecida.

Instrumentación[editar | editar a fonte]

La partitura de Rossini require do emprego de:

Estrutura[editar | editar a fonte]

  • Sinfonia

Acto 1[editar | editar a fonte]

  • 1 Introduzione Lieto, ridente (Coro, Gernando)
  • 2 Coro Quell'astro mattutino
  • 3 Quartetto Sventurata! Or che mi resta? (Armida, Goffredo, Idraote, Eustazio, Coro)
  • 4 Aria Non soffrirò l'offesa (Gernando)
  • 5 Duetto Amor! Possente nome (Rinaldo, Armida)
  • 6 Finale primo Se pari agli accenti (Rinaldo, Gernando, Coro, Armida, Goffredo)

Acto 2[editar | editar a fonte]

  • 7 Coro Alla voce d'Armida possente
  • 8 Coro Di fiamme e ferro cinti
  • 9 Duetto Dove son io? (Rinaldo, Armida)
  • 10 Finale secondo D'amor al dolce impero (Armida)

Acto 3[editar | editar a fonte]

  • 11 Duetto Come l'aurette placide (Ubaldo, Gernando)
  • 12 Coro Qui tutto è calma
  • 13 Duetto Soavi catene (Rinaldo, Armida)
  • 14 Terzetto In quale aspetto imbelle (Rinaldo, Carlo, Ubaldo)
  • 15 Finale terzo Se al mio crudel tormento (Armida, Rinaldo, Carlo, Ubaldo, Coro)

Arias célebres[editar | editar a fonte]

  • Sinfonia
  • Sventurata! Or che mi resta? - cavatina de Armida (acto I)
  • Amor, possente nome - duetto de Rinaldo e Armida (acto I)
  • Se pari agli accenti - duetto de Rinaldo e Gernando (acto I)
  • Escena de Ballet (acto II)
  • D'amor al dolce imperio - rondó de Armida (acto II)
  • Unitevi a gara - terzetto de Rinaldo, Ubaldo e Carlo (acto III)

Gravación[editar | editar a fonte]

Ano Reparto:
Armida, Rinaldo, Carlo, Goffredo
Director,
Teatro de ópera e orquestra
Selo[4]
1988 Nelly Miricioiu,
Bruce Ford,
Raúl Giménez,
Raúl Giménez
Claudio Scimone,
Orquestra Sinfónica da Radio Neerlandesa
(Gravación dunha versión de concerto no Concertgebouw de Amsterdam o 24 de setembro)
Audio CD: Celestial Audio
Cat: CA 494
1993 Renée Fleming,
Gregory Kunde,
Bruce Fowler,
Donald Kaasch
Daniele Gatti,
Orquestra e Coro do Teatro Comunale di Bologna
(Gravación no Rossini Opera Festival)
Audio CD: Sony Classical
Cat: S3K 58 968

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]