Hockey Club Liceo da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
H.C. Liceo
Liceo hóckey.jpg
Competición OK Liga
Copa de Europa
Fundado 1972
Cidade A Coruña, Galicia Galicia
Pavillón Pazo dos Deportes de Riazor (5.000)
Cores           Verde e branco
Historia 1972
Presidente Galicia Eduardo Lamas
Adestrador Flag of Argentina.svg Carlos Gil
Copa de Europa 6 (1987, 1988, 1992, 2003, 2011, 2012)
Copa CERS 3 (1982, 1999, 2010)
Recopa de Europa 2 (1989, 1996)
Copa Continental 6 (1987, 1988, 1989, 1992, 2003, 2012)
OK Liga 6 (1982-83, 1985-86, 1986-87, 1989-90, 1990-91, 1992-93)
Copa do Rei 9 (1982, 1984, 1988, 1989, 1991, 1995, 1996, 1997, 2004)
Copa Intercontinental 5 (1987, 1989, 1993, 2004, 2012)
Vestimenta TREZZE
Uniforme
Local
Sitio Web Sitio web oficial

O Hockey Club Liceo da Coruña, por motivos de patrocinio Coinasa Liceo, é un club profesional de hóckey a patíns da cidade da Coruña. Foi fundado en 1972 por catro persoas entre as que salienta a figura de Augusto César Lendoiro e na tempada 1979-80 debutou na máxima categoría do hóckey a patíns español, categoría na que compite dende aquela. Trátase dunha icona dentro do hóckey galego, historicamente é o club deportivo máis laureado de Galiza cun total de 37 títulos (15 a nivel estatal, e 22 títulos internacionais).

As cores do equipo son a verde e a branca. Xoga os seus partidos como local no Pazo dos Deportes de Riazor e o seu presidente é Eduardo Lamas.

Índice

Historia [editar]

Os inicios [editar]

O equipo no 2010.

As súas orixes debemos buscalas no ano 1972, data na que se funda o Club Deportivo Liceo La Paz no colexio coruñés Liceo La Paz, por iniciativa de catro persoas: os directores do centro Antonio Pintor e Carlos Pérez Roca, Javier Chaver e a figura destacada de Augusto César Lendoiro. A honra de ser o seu primeiro presidente recaeu en Felipe Marcos Nieto. Na súa primeira tempada, a 1972-73, o Liceo conseguiu facerse co campionato galego de Segunda División, o cal lle permite acceder á máxima categoría do hóckey a patíns galego. Na seguinte campaña (1973-74), conseguiu (lucindo xa as cores verde e branca actuais no seu uniforme) un novo ascenso, desta vez á división de prata española. Na segunda categoría do hóckey a patíns español militou o daquela denominado Hockey Club Liceo Banco Simeón dende a tempada 1974-75 ata a tempada 1978-79, na cal o club verdibranco conseguiu un subcampionato de liga e polo tanto o ascenso á máxima categoría, a División de Honra (hoxe chamada OK Liga).

Ascenso á elite [editar]

Na súa primeira tempada na División de Honra (1979-80), o daquela Hockey Club Liceo Camisas Texman finalizou a competición de liga na sétima praza. Na súa segunda tempada o cadro coruñés conseguiu unha histórica terceira praza e a posibilidade de debutar nunha competición europea, a Copa CERS. Entre os artífices estaban xogadores como Orlando, Pipo Romeu, Juan Carlos, Rivero, Varelita, Campos, Chaver, Carlos Gil, Javier Pou, Carlos Chas ou Santi Cobian.

A época dourada [editar]

Augusto César Lendoiro, presidente do Liceo durante a época dourada do club.

Na década de 1980 cun dos mellores grupos da súa historia o Liceo conseguiu tódolos títulos posibles, nesta década, o hóckey a patíns era o deporte rei na capital coruñesa e os partidos rexistraban grandes entradas que en partidos importantes podían chegar a rondar os 10.000 espectadores no Pazo dos Deportes de Riazor[1]. Na temporada 1981-82 comezou a lenda liceísta, pois durante o transcurso da mesma o Liceo Caixa Galicia comezou a selar os primeiros títulos para as vitrinas do equipo que daquela tiña a súa sede na Praza de Lugo da cidade herculina, ao conquistar unha Copa do Rei e unha Copa CERS (na súa primeira participación), ao cal foi unido o subcampionato na División de Honra.

Na súa cuarta tempada, conseguiu completar o seu ascenso meteórico ao conseguir o seu primeiro título de Liga, o cal supuxo todo un fito, posto que se trataba do primeiro equipo non catalán que conseguía tal logro con xogadores como Huelves, Taibo, Areces, Alabart, Rubio, Martinazzo, Alejandro Avecilla, Pujalte, Carlos Figueroa e Celso, por diante dun FC Barcelona que viña de gañar as seis edicións anteriores de xeito consecutivo. A partir de entón as vitrinas da escuadra coruñesa non fan máis que almacenar máis títulos, non só a nivel peninsular, senón tamén europeo e mundial.

Na tempada 1986-87 chegou á Coruña a primeira Copa de Europa de hóckey sobre patíns da man dos xogadores que poucos ano antes conseguiran o título de Liga, logo de derrotar na final a dobre partido fronte ao FC Porto gañando en Porto por 2 goles a 4 e na Coruña por 4-3 nun Pazo dos Deportes de Riazor ateigado de seareiros[2]. Este título foi acompañado na campaña pola Supercopa de Europa gañada fronte ao FC Barcelona na final a dobre partido por 4-4 na ida e 4-1 no partido de volta, e pola Copa Intercontinental conseguida fronte ao equipo arxentino do Concepción Patín Club de San Juan. En 1989 chegou o último título continental que faltaba nas vitrinas liceístas ao proclamarse campión da Recopa de Europa ao derrotar na final ao conxunto belga do RH Rolta Louvain por un contundente 8-2 e 22-1.

Foi nesta época cando a escuadra herculina se converteu nunha das dominadoras (xunto con clubs como o FC Barcelona, o Igualada HC ou o Porto) do hóckey europeo e mundial.

Os anos escuros [editar]

Carlos Gil.

A partir da temporada 1998-99 o equipo viviu un certo decaemento que xa comezara trala consecución da última Liga do cadro coruñés e que coincidiu co ascenso do Real Club Deportivo da Coruña á Primeira División que implicou un progresivo descenso no número de espectadores nos enfrontamentos do Liceo, e entra nunha seca de títulos, a cal romperá ao grande na temporada 2002-03, na que acadou a Copa de Europa na Coruña ante a súa afección tras derrotar ao Igualada na quenda de penaltis logo dun intensísimo partido. Ao ano seguinte conseguiu a Supercopa de Europa, a Copa do Rei e a Copa Intercontinental. Aínda así, isto resultou un espellismo, posto que o Liceo pasou en branco as seguintes cinco campañas (2004-05, 2005-06, 2006-07, 2007-08 e 2008-09). Á tempada seguinte á consecución da Copa do Rei, a Supercopa de Europa e a Copa Intercontinental, o Liceo acadou unha discreta oitava posición que lle permitiu disputar os play-offs polo título, aínda que caeu na primeira rolda fronte ao FC Barcelona en tres partidos, ademais o conxunto liceísta non se clasificou para a Copa do Rei; tampouco foi boa a tempada europea dos herculinos, xa que caeron eliminados na rolda previa da Copa de Europa polo Salerno italiano, polo que non puideron xogar a fase de grupos da máxima competición europea. Na tempada 2005-06 a situación empeorou, xa que na OK Liga o Liceo non foi quen de clasificarse para os play-offs polo título, tampouco puido clasificarse para a Copa do Rei por segundo ano consecutivo e viuse privado de disputar unha competición europea por primeira vez en moitos anos. A tendencia comezou a inverterse na tempada 2006-07, cando os branquiverdes, que non disputaban competicións europeas por segundo ano consecutivo, volveron aos postos de cabeza na liga ao acadar un meritorio cuarto posto por detrás de FC Barcelona, Reus Deportiu e CP Vic e polo tanto a vantaxe de campo na primeira eliminatoria, que pasou sen moitos problemas fronte ao Vilanova L'Ull Blau en dous partidos, sen embargo os coruñeses caerían en semifinais en en tres partidos (2-1) fronte ao FC Barcelona, quen finalmente se alzaría co título; o mesmo verdugo tiveron os coruñeses na Copa do Rei (na que foron un dos catro cabezas de serie), onde caeron nas semifinais por 2 goles a 5. Na seguinte tempada, o equipo mellora os resultados e consigue unha importante terceira posición na liga, o que lle permitiu disputar os play-off polo título con vantaxe de campo na primeira eliminatoria, a pesar desta vantaxe, o Liceo encontrouse a un difícil Viva Hàbitat Blanes que forzou os cinco partidos da serie, nas semifinais o Liceo caeu fronte ao Reus en tres partidos nunha eliminatoria na que os coruñeses non puideron gañar ningún partido e que finalizou na Coruña cunha quenda de penaltis que se decantaría a favor dos cataláns; nos cuartos de final da Copa do Rei, celebrada en terras catalás, eliminou ao FC Barcelona gañando por 2-3, mais perdeu en semifinais fronte ao Noia Freixenet por 3-1, con tres goles do Noia tras xogadas polémicas nun partido do que non gardan boas lembranzas os afeccionados liceístas; na Copa de Europa acadou a clasificación para a última Final-Four (final a catro) que se ía disputar nesta competición debido ao cambio de modelo da competición tras finalizar primeiro no seu grupo, nas semifinais caeu fronte ao Reus Deportiu cun gol de ouro na prorroga, despois de ir por diante todo o partido ata que quedaban 40 segundos para o final cando o Reus empatou o partido e forzou dita prorroga. Na tempada 2008-09 chegou un novo título ás vitrinas liceístas, xa que o Liceo se proclamou campión da primeira edición da Copa Galiza ao vencer na final ao daquela Cerceda Liceo (agora Clube Patín Cerceda) por 5 goles a 4, se ben este non era un título oficial, sería a antesala dos títulos que chegarían nos seguintes anos; antes de comezar a tempada, o Coinasa Liceo disputou o Mundial de Clubs, onde caeu nos cuartos de final fronte ao Valdagno italiano por 3-5 debido en parte ao cansazo acumulado nunha pretempada intensa; na liga conseguiu un meritorio terceiro posto na liga regular por detrás do FC Barcelona e do CP Vic, sen embargo o Liceo conseguiría o subcampionato de liga tras derrotar nos cuartos de final ao Proinosa Igualada en dous partidos e nas semifinais ao Roncato Vic en catro partidos (3-1), superando o factor cancha que tiñan os de Vic, finalmente caería na final fronte ao FC Barcelona en tres partidos (3-0) nunha eliminatoria na que reinou a igualdade en tódolos partidos agás o primeiro; esa tempada, o Liceo foi o organizador da Copa do Rei, unha competición na que os liceístas se desfixeron nos cuartos de final do Igualada (6-3), mais non puido pasar das semifinais onde o Vic cando restaban 18 segundos para o final do partido calou a un Riazor cheo e desfixo os soños e ilusións que todos os liceístas puxeron na competición de copa; na Copa de Europa clasificouse para a primeira Final-Eight (final a oito), onde eliminou primeiramente ao Noia Freixenet (2-5), e posteriormente caeu eliminado nas semifinais fronte ao Roncato Patí Vic (1-4), partido no que, como na Copa do Rei, o Liceo non tivo a sorte necesaria para meterse na gran final europea contra o Reus Deportiu.

Volta ao cumio [editar]

O HC Liceo fronte ao FC Barcelona na tempada 2012-13.

Na tempada 2009-10 o Liceo rachou coa seca de títulos das últimas cinco tempadas ao proclamarse campión da Copa CERS, acadando este título por terceira vez na súa historia, e un ano despois conseguiu en Andorra a Vella a súa quinta Copa de Europa tras derrotar na final ao Reus Deportiu por 7-4 logo de remontar o 0-3 inicial dos tarraconenses, nunha dura final a oito na que o conxunto dirixido por Carlos Gil tivo que realizar o seu mellor hóckey. Ademais destes dous títulos continentais, o Liceo conseguiu tres subcampionatos de Liga de xeito consecutivo entre a tempada 2008-09 e a 2010-11 loitando polo título de Liga ata o último momento nas dúas últimas campañas e especialmente na última, na que chegou á derradeira xornada empatado a 59 puntos co Reus Deportiu e co gol average a favor dos coruñeses, mais a súa besta negra esa tempada, o FC Barcelona espertaría aos liceístas do soño de conquistar a Liga 18 anos despois da última e privándoos dun dobrete de Liga e Copa de Europa que o Liceo non conseguía dende a tempada 1986-87 ao derrotalos no Palau Blaugrana por 7 goles a 4, e aproveitando o Reus a derrota para impoñerse ao Tenerife por 4 a 1 e gañar así o seu quinto título de Liga.

A tempada 2011-12 caracterizouse por un claro dominio blaugrana, tanto na OK Liga como na Copa do Rei (alzándose o equipo barcelonés cos dous títulos). Na liga o Liceo conseguiu un novo subcampionato (cuarto de xeito consecutivo), cun dos planteis máis novos da competición, mentres que na Copa do Rei eliminou ao C.E. Vendrell nos cuartos de final por un contundente 8 a 3, mais caeu en semifinais fronte ao Noia Freixenet por catro coles a dous nun mal partido dos coruñeses. Sen embargo o máximo logro do equipo esa tempada chegou na 47ª edición Liga Europea, na que estivo encadrado no difícil Grupo C, clasificándose para a Final Eight cun rexistro de 4 vitorias e 2 derrotas, na Final Eight desputada na localidade italiana de Lodi conseguiu chegar á final tras desfacerse do Candelária SC portugués (4-2) e do Hockey Valdagno italiano (5-3), na final víase as caras co FC Barcelona, o equipo que privara de conseguir máis títulos ao equipo galego as tempadas anteriores, nunha final moi igualada o Liceo conseguiu derrotar ao conxunto catalán por 4 a 2, revalidando o título conseguido a tempada anterior e conseguindo o seu sexto título da súa historia da máxima competición continental, igualando deste xeito ao Igualada HC e situándose cun título menos que o Reus Deportiu (segundo equipo máis laureado da competición tralo FC Barcelona).

Historial [editar]

Tempada 2009/10 [editar]

  • Campión do VIII Torneio José Eduardo dos Santos, en Luanda (Angola).
  • Campión da II Copa Galiza fronte ó CP Cerceda e o Vigo Stick.
  • Eliminado en semifinais da Copa do Rei polo Vilanova (3-4) nun partido no que a falta de 50 segundos para o final gañaba por 3-2. Dous penaltis, dúas faltas directas, dúas expulsións para liceístas e dúas inferioridades numéricas para liceístas converteron os árbitros cataláns en auténticos protagonistas da eliminatoria de copa.
  • Campión da Copa CERS, gañando na final por 7-2 ó Blanes HC.
  • Subcampión da OK Liga tras manter o liderado durante case que toda a competición.

Tempada 2010/11 [editar]

Pavillón [editar]

Exteriores do Pazo dos Deportes de Riazor.
Artigo principal: Pazo dos Deportes de Riazor.

O HC Liceo xoga os seus partidos como local no Pazo dos Deportes de Riazor, un edificio que foi inaugurado o 1 de agosto de 1970 e que ten capacidade para 5.000 espectadores. Está situado xunto ao Estadio de Riazor, no paseo marítimo da cidade herculina. A pista é de parqué e conta ademais cunha pista sintética de catro rúas para a práctica do atletismo, ximnasio, sala de judo e sala de esgrima, así como vestiarios e sala de prensa. O Pazo dos Deportes de Riazor foi tamén a sede de multitude de eventos relacionados co hóckey a patíns.

Durante a época dourada do Liceo, o pavillón rexistraba entradas que podían achegarse aos 10.000 espectadores, mais o ascenso do Deportivo da Coruña a primeira división foi pouco a pouco reducindo a media de espectadores nos partidos de hóckey, nos que actualmente non se chega á metade do aforo, a excepción de partidos importantes, cando o pavillón se enche.

Canteira [editar]

O club liceísta conta cunha canteira con equipos en tódalas categorías de base que se proclamaron campións de España en diversas ocasións.

O Liceo conta tamén cun equipo "B" que compite na Primeira División Galega. Durante moitos anos este equipo filial xogou na Primeira División (segunda categoría), ata que na tempada 2008-09, o daquela Cerceda Liceo (polo patrocinio do Concello de Cerceda, onde disputaba os seus partidos como local) conseguiu o campionato da división de prata e polo tanto o ascenso á OK Liga, este feito propiciou a aparición do Clube Patín Cerceda, equipo que actualmente acolle a boa parte das promesas verdibrancas.

Rivalidades [editar]

Pancarta durante o partido de cuartos de final da Liga de Campións 2013 entre o HC Liceo e o FC Barcelona.

Fonte: www.rink-hockey.net

Equipo PXog Gañ Emp Per Goles
600px Verde e Bianco.png HC Liceo 79 16 13 50 184
600px Catalano azulgrana.png FC Barcelona 79 50 13 16 313
Equipo PXog Gañ Emp Per Goles
600px Verde e Bianco.png HC Liceo 50 23 5 22 171
600px Rosso e Nero (Quadrati).png CE Noia 50 22 5 23 163

Xogadores [editar]

Véxase tamén: Xogadores do H.C. Liceo.
Véxase tamén: Cadros de xogadores de tempadas pasadas do Hockey Club Liceo.

Plantel 2012-13 [editar]

Adestrador: Carlos Gil Seijo
Delegado: Juan José Suárez
Preparador Fisico: Damián Meijueiro Pérez-Mendaña e David Domínguez Sala
Fisioterapeuta: Sergio García Pose

Destacados [editar]

Ao longo da súa historia, pasaron polo club herculino algúns dos mellores xogadores de hóckey a patíns a nivel internacional. Entre os xogadores máis destacados do equipo coruñés están:

 

Palmarés [editar]

Palmarés estatal [editar]

Palmarés internacional [editar]

Palmarés non oficial [editar]

Tempadas [editar]

Galería de imaxes [editar]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Roller hockey pictogram.svg
A Galipedia ten un portal sobre:
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Ligazóns externas [editar]