Tempada 2014-2015 da OK Liga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A 46ª edición da Liga española de hóckey a patíns, denominada OK Liga iniciouse o 20 de setembro de 2014 e finalizou o 16 de maio de 2015 coa disputa da última xornada. Os equipos ascendidos foron o CP Manlleu (campión), CH Mataró (subcampión) e o PAS Alcoi (terceiro). O campión desta edición da liga foi o FC Barcelona, que conseguiu o seu 25º título de liga, revalidándo o título conseguido na tempada precedente.

Ao finalizar a tempada, o equipo máis goleador foi o HC Liceo con 168 goles, mentres que o menos goleador foi o CP Tordera con 74 goles. O equipo menos goleado foi o FC Barcelona con 54 goles encaixados, mentres que o CP Tordera foi o equipo máis goleado da competición con 163 goles en contra.

Ao final da tempada os tres equipos descendidos foron o CH Mataró, o CP Manlleu e o CP Tordera.

Equipos[editar | editar a fonte]

Equipo Cidade Estadio Capacidade
Enrile PAS Alcoi   Alcoi Francisco Laporta 3.500
FC Barcelona Cataluña Barcelona Palau Blaugrana 8.250
Café Crem Calafell Tot L'Any Cataluña Calafell Joan Ortoll 600
Hockey Global Patín Cerceda Galicia Cerceda Presidente González Laxe 500
Monbus Igualada HC Cataluña Igualada Les Comes 3.000
HC Liceo Galicia A Coruña Riazor 5.000
ICG Software Lleida Cataluña Lleida 11 de Setembro 2.200
CP Manlleu Cataluña Manlleu Pavelló Municipal 1.000
MIS Ibérica CH Mataró Cataluña Mataró Jaume Parera 700
CE Noia Freixenet Cataluña Sant Sadurní d'Anoia Ateneu Agrícola 1.500
Reus Deportiu Cataluña Reus Pazo dos Deportes 2.500
CP Tordera Cataluña Tordera Pavelló Parroquial 800
Moritz CE Vendrell Cataluña El Vendrell Club d'Esports Vendrell 800
Club Patí Vic Cataluña Vic Olímpico de Vic 3.500
CP Vilafranca Capital del Vi Cataluña Vilafranca del Penedès Pavelló d'Hoquei 1.000
CP Voltregà Cataluña Sant Hipòlit de Voltregà Municipal 1.000

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
1 FC Barcelona 85 30 28 1 1 163 54 +109
2 H.C. Liceo 74 30 24 2 4 168 90 +78
3 Moritz CE Vendrell 56 30 17 5 8 123 111 +12
4 Club Patí Vic 53 30 16 5 9 117 85 +32
5 Reus Deportiu 51 30 16 3 11 114 103 +11
6 Hockey Global Patín Cerceda 48 30 13 9 8 117 120 -3
7 CP Voltregà 41 30 11 8 11 96 87 +9
8 CP Vilafranca Capital del Vi 41 30 11 8 11 100 108 −8
9 Enrile PAS Alcoi 38 30 11 5 14 105 131 -26
10 Monbus Igualada HC 36 30 10 6 14 94 94 0
11 ICG Software Lleida 34 30 9 7 14 107 117 -10
12 Café Crem Calafell Tot L'Any 32 30 9 5 16 85 116 −31
13 CE Noia Freixenet 30 30 8 6 16 80 106 −26
14 CP Manlleu 27 30 7 6 17 77 104 −27
15 MIS Ibérica CH Mataró 26 30 8 2 20 99 130 −31
16 CP Tordera 8 30 2 2 26 74 163 −89

Lenda[editar | editar a fonte]

Liga Europea
Copa CERS
Descenso

Pts = Puntos totais
PX = Partidos xogados
PG = Partidos gañados
PE = Partidos empatados
PP = Partidos perdidos

 

GF = Goles a favor
GC = Goles en contra
DG = Diferenza de goles (GF-GC)

 

Máximos goleadores[editar | editar a fonte]

Xogador Equipo Goles
España Josep Lamas HC Liceo 54
Pablo Álvarez FC Barcelona 38
España Martí Casas MIS Ibérica CH Mataró 38
España Ferran Formatjé Enrile PAS Alcoi 36
España Toni Pérez HC Liceo 36

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]