Reus Deportiu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reus Deportiu Cruz de Sant Jordi 2013
CidadeReus, Cataluña Cataluña
Historia1945
Fundado1909 (o club)
1945 (sección de hóckey a patíns)
PavillónPazo dos Deportes do Reus Deportiu (2.500)
PresidenteCataluña Mònica Balsells Pere
AdestradorCataluña Jordi García
CompeticiónOK Liga
Liga europea
Títulos
Copa de Europa8 (1967, 1968, 1969, 1970, 1971, 1972, 2009, 2017)
Copa CERS2 (2003, 2004)
Recopa de Europa1 (1984)
Supercopas de Europa1 (2010)
OK Liga5 (1970, 1971, 1972, 1973, 2011)
Copa do Rei6 (1966, 1970, 1971, 1973, 1983, 2006)
Copa Intercontinental1 (2010)
Mundial de clubs1 (2008)
Cores          Vermello e negro
Na rede
http://www.reusdeportiu.cat/
Sitio web
Sitio web oficial

O Reus Deportiu é un club polideportivo catalán, da cidade de Reus (Tarragona). É especialmente coñecido polo seu equipo de hóckey a patíns, aínda que tamén conta con seccóns de xadrez, atletismo, baloncesto, excursionismo, ximnasia rítmica, patinaxe artística, rugby, tenis, tenis de mesa, espeleoloxía e balonmán, entroutras. Foi fundado en 1909, aínda que non debe confundirse co CF Reus Deportiu; a pesar de que ámbolos dous clubs compartiron un pasado común, e as mesmos cores (negro e vermello), dende 1951 son sociedades distintas.

Historia[editar | editar a fonte]

O Reus Deportiu foi constituído oficialmente o 23 de novembro de 1909 baixo o nome Club Deportiu. En 1917 absorbe ao Club Velocipedista e ao Sport Club Reus, e adopta o nome de Reus Deportiu actual.

En 1919 vaise abrir un campo deportivo no Camiño de Aleixar. Un novo recinto polideportivo inaugúrase en 1927. En 1936 o polideportivo vaise renomear Casal Reusenc d'Esport i Cultura e os equipos Reus Popular. En 1939 vaise reconstituír e reiniciar a actividade en 1940 establecendo a sede social (a anterior fóra destruída polos bombardeos na guerra civil) no Café España, na Praza do Prim. No 1951, a causa dos problemas económicos que padecía a entidade, o fútbol escíndese nunha nova entidade, o CF Reus Deportiu. En 1962 inaugúranse as novas instalacións do pavillón de deportes de Reus. No ano 1973 o presidente Andreu Olesti Cabrito, un industrial químico da localidade, vai inaugurar o pavillón de deportes. Mais logo o club vaise endevedar e, a causa diso, vai pasar unha crise que en 1975 obrígalle a vender parte dos terreos sociais incluído o campo de fútbol onde se construirán edificios. En 1977 ábrese o novo campo de fútbol. Nos anos '80 a crise remata coa venda de máis terreos aos construtores. En 1994 por convenio, o campo de fútbol pasa a ser municipal. En 1995 dimite o presidente, o construtor Pere Vinaixa i Ollé, e é elixido Joan Sabater i Escudé, comerciante, ex xogador de hóckey e político da UDC.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Hóckey a patíns[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]