Club Esportiu Noia
|
||
|---|---|---|
| Competición | OK Liga Liga europea |
|
| Fundado | 1951 | |
| Cidade | Sant Sadurní d'Anoia, |
|
| Pavillón | Pavelló Olímpic de l'Ateneu Agrícola (1.500) | |
| Cores | Vermello e negro | |
| Historia | 1951 | |
| Presidente | ||
| Adestrador | ||
| Copa de Europa | 1 (1989) | |
| Copa CERS | 1 (1998) | |
| Recopa de Europa | 1 (1988) | |
| Supercopas de Europa | 1 (1989) | |
| OK Liga | 1 (1988) | |
| Copa do Rei | 2 (1998, 2008) | |
| Uniforme | ||
| Sitio Web | Sitio web oficial | |
O Club Esportiu Noia é un club de hóckey a patíns catalán da localidade de Sant Sadurní d'Anoia, no Alt Penedès. Foi fundado en 1951 e actualmente compite na OK Liga.
Índice |
Historia [editar]
O Noia é un dos equipos históricos de hóckey a patíns de Cataluña, e un dos poucos que gañou algunha vez todos os títulos, acadándoos en dúas époques exitosas para o club, a finais dos anos '80 e a finais dos anos '90.
O club naceu en 1951 baixo o impulso da Societat Ateneu Agricola de Sant Sadurní (Sociedade Ateneo Agrícola de Sant Sadurní). A Ateneu fundou un club nomeado Secció Esportiva Noia, máis tarde Club d'Hoquei Noia, Ateneu Agrícola Noia (1959) e Club Esportiu Noia (1992) ao desvincularse do Ateneu. En 1952 a sociedade Centre Nacional funda o Club d'Hoquei Sant Sadurní, co que mantivo unha forte rivalidade ata a súa desaparición en 1957. En 2005 o equipo Junior do CE Noia Freixenet proclamouse por primeira vez Campión de España da categoría Junior.
Palmarés [editar]
- 1 Copa de Europa: 1988-89.
- 1 Supercopa de Europa: 1988-89.
- 1 Recopa de Europa: 1987-88.
- 1 Copa CERS: 1997-98.
- 1 OK Liga: 1987-88.
- 2 Copas do Rei: 1998 e 2008.
- 1 Lliga Catalana: 1989-90.
- 1 Copa Federació: 2001-02.