Copa CERS
| Fundación | 1980 |
|---|---|
| Rexión | (CERH) |
| Equipos | 28 equipos (en 2010) |
| Actual campión | (2º título) |
| Máis laureado | (3 títulos) |
| Organizador | CERH |
| Sitio web | Site oficial da CERH |
Iniciada no ano 1980, a Copa CERS era a terceira competición europea en importancia ata a remodelación das competicións no ano 1997, cando se fusionan a Copa de Europa e a Recopa, a Copa da CERS pasa a ser a segunda competición europea en importancia, sendo equiparable á Copa da UEFA de fútbol. Está organizada pola CERH (Comité Européen de Rink-Hockey), o máximo organismo do hóckey patíns europeo, con sede central en Lisboa (Portugal). A partir da tempada 2007-08 introduciuse o sistema de final a catro, máis coñecido como final-four.
Índice |
[editar] Formato
Nunha fase inicial son inscritos o vencedor da Copa CERS do ano anterior (excepto se este se clasifica para a Copa de Europa) e tres clubs por país (os 3º, 4º e 5º no campionato nacional - ou mesmo o 6º clasificado, no caso de que un dos cinco primeiros sexa o vencedor da Copa, o que lle dá unha praza na Liga dos Campións). Se houbera máis de 12 clubs inscritos, deverá realizarse unha fase previa; logo, aos 12 restantes únenselles catro dos clubs afastados na fase previa da Liga de Campións (aqueles que estiveran mellor posicionados no ranking da CERH), constituíndo o grupo de 16 que xogará os oitavos de final.
O campión do título e os tres clubs con mellor clasificación no ranking son cabezas de serie no sorteo, que é condicionado de modo que dous equipos do mesmo país non podan xogar un contra o outro. A partir dos quartos de final o sorteo é puro, sen condicionantes de ningún tipo. Todas as eliminatorias, incluíndo a final, son xogadas a dúas voltas.
[editar] Historial
En negrita os resultados do equipo campión.
[editar] Palmarés
| Equipo | Campionatos gañados |
|---|---|
| 3 (1981-82, 1998-99, 2009-10) | |
| 3 (1984-85, 1991-92, 1992-93) | |
| 2 (1982-83, 1987-88) | |
| 2 (1990-91, 2010-11) | |
| 2 (1993-94, 1995-96) | |
| 2 (2002-03, 2003-04) | |
| 1 (1980-81) | |
| 1 (1983-84) | |
| 1 (1985-86) | |
| 1 (1986-87) | |
| 1 (1988-89) | |
| 1 (1989-90) | |
| 1 (1994-95) | |
| 1 (1996-97) | |
| 1 (1997-98) | |
| 1 (1999-00) | |
| 1 (2000-01) | |
| 1 (2001-02) | |
| 1 (2004-05) | |
| 1 (2005-06) | |
| 1 (2006-07) | |
| 1 (2007-08) | |
| 1 (2008-09) | |
| Total | 29 |