Celso
Celso, foi un filósofo grego do século II que asumiu a tarefa de defender a cultura grecorromana e ao Imperio romano fronte ao cristianismo.
Índice |
Pensamento [editar]
Aínda que o pensador cristián Oríxenes considérao epicúreo, dos escritos dedúcese que a súa principal referencia era Platón. Celso amosa un notable coñecemento do cristianismo e do xudaísmo así como das primeiras comunidades dos que el chama "galileos".
Para Celso o cristianismo é unha relixión de xentes incultas, escravos, mulleres e miserables. Estes son un perigo para a orde política e social porque se negan a ocupar cargos públicos, servir no exército e recoñecer o carácter sagrado do Emperador.
Considera pueril a idea dun Deus creador da materia, aberrante a idea da encarnación do mesmo nun Xesús de Nazaret feo e sen nobreza, fillo dunha adúltera e morto ignominiosamente na cruz. A mesma consideración outorga a outras crenzas cristiáns como a resurrección da carne, que atribúe ás alucinacións dunha muller histérica. A predicación do Reino de Deus para os pecadores e non para os xustos e virtuosos resúltalle perigosa e incomprensible.
Obras [editar]
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Discurso verdadero contra los cristianos. Prólogo, anotacións e tradución ao castelán de Serafín Bodelón. Madrid, 1988. ISBN 84-206-0324-4