Portal:Hóckey a patíns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O hóckey a patíns é un deporte de equipo que se xoga en patíns de catro rodas paralelas no que se enfrontan dous equipos de cinco xogadores cada un (un porteiro e catro xogadores de campo) que empregan un pau de madeira de forma curva ou stick para conducir e golpear unha pequena pelota de caucho. Este deporte xógase nunha pista pechada por un valo de esquinas redondeadas e dúas porterías. O hóckey a patíns non é unha modalidade olímpica na actualidade, mais nos Xogos Olímpicos de Verán de 1992 foi incluído como deporte de exhibición, gañando a medalla de ouro a selección de Arxentina.

Considérase que este deporte naceu cara finais do século XIX en Inglaterra da man de Edward Crawford como adaptación do hóckey sobre xeo. Actualmente é practicado principalmente en Europa e América do Sur, e goza do popularidade nas antigas colonias portuguesas de Angola e Mozambique. Históricamente os países que teñen dominado esta modalidade, tanto a nivel de clubes como a nivel de seleccións son España, Portugal, Italia e Arxentina.

Artigo destacado

editar

O Campionato de Europa de hóckey a patíns masculino 2018 ou EuroHockey 2018, foi a 53ª edición do Campionato de Europa de hóckey a patíns masculino. A competición disputouse na cidade galega da Coruña, que acolleu o torneo por primeira vez, logo de ter organizado o Campionato do Mundo en dúas ocasións (1972 e 1988). Aínda que foi a novena vez que España acolleu o campionato, foi a primeira que se organizou en Galiza. O campionato comezou o 14 de xullo de 2018 coa cerimonia de inuguración e o partido que disputaron as seleccións de España e Inglaterra, e finalizou o 22 de xullo coa disputa da final. Por primeira vez, o Campionato de Europa serviu de clasificación para o Campionato do Mundo de 2019 que se celebrará en Barcelona.

Nesta edición participaron un total de 11 equipos, tres máis que na edición anterior. Admais dos oito equipos que participaron o torneo en 2016, esta edición viu o regreso dos combinados de Andorra, Bélxica e os Países Baixos. Disputáronse un total de 40 partidos nos oito días de competición, o que converteu esta edición na máis longa da historia.

A selección portuguesa defendeu o título conquistado na edición precedente disputada en Oliveira de Azeméis en 2016. Finalmente, a selección española conseguiu alzar o seu 17º título continental logo de derrotar por seis goles a tres ao conxunto portugués.


Así van
Categorías
Proxectos relacionados
Portais relacionados

editar

Baloncesto
Baloncesto

Baloncesto

Balonmán
Balonmán

Balonmán

Deportes gaélicos
Deportes gaélicos

Deportes gaélicos

Fórmula 1
Fórmula 1

Fórmula 1

Hóckey sobre xeo
Hóckey sobre xeo

Hóckey sobre xeo

Rugby
Rugby

Rugby

Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons