Gran Premio de San Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Gran Premio de San Mariño (en italiano, GP di San Marino) foi unha carreira do campionato mundial de Fórmula Un que se disputou no Autódromo Enzo e Dino Ferrari na cidade de Imola, preto dos montes Apeninos en Italia, entre 1981 e 2006. Chámase Gran Premio de San Mariño porque xa hai un Gran Premio de Italia, e a República de San Mariño en si non ten a infraestrutura necesaria para albergar un Gran Premio. En 1980, o circuíto de Imola foi utilizado para o 51º Gran Premio de Italia.

Historia[editar | editar a fonte]

A área de Imola é a sede de varios fabricantes de coches de carreiras, Ferrari, Lamborghini e Maserati. Logo da Segunda Guerra Mundial, a cidade lanzou un programa para tratar de mellorar a economía local. Catro afeccionados locais do automobilismo propuxeron a construción dunha nova estrada que unise os camiños públicos existentes, esta foi utilizada polos fabricantes de automóbiles locais para probar os seus prototipos. A construción comezou en marzo de 1950. O primeiro ensaio tivo lugar dous anos despois, cando Enzo Ferrari enviou un coche á pista. En abril de 1953, tivo lugar a primeira carreira de motos en Imola, e a primeira carreira de coches en xuño de 1954. En abril de 1963, celebrouse a primeira carreira de Fórmula Un en Imola, como unha carreira non de campionato, gañou Jim Clark de Lotus. Unha carreira máis non de campionato tivo lugar en Imola en 1979, foi gañada por Niki Lauda de Brabham - Alfa Romeo. En 1980, a Gran Premio de Italia pasou do circuíto de alta velocidade de Monza ao Circuíto de Imola, como resultado directo do choque en cadea na liña de saída en 1978, que se cobrou a vida do popular piloto sueco Ronnie Peterson. Foi gañado por Nelson Piquet de Brabham-Ford. Ao ano seguinte, o Gran Premio de Italia volveu a Monza, e Imola pasou a ser a sede do recentemente creado GP de San Mariño, o nomeprocede da veciña república de San Mariño. No ano 1994, houbo tres accidentes graves no circuíto de Imola. Durante os adestramentos do venres, Rubens Barrichello estrelouse con forza a barreira da Variante Bassa no que se desacelerou con violencia e quedou inconsciente por uns minutos. Tamén acaeceu a morte de Roland Ratzenberger na curva Villeneuve na sesión de cualificación do sábado, e a morte do tres veces Campión do Mundo Ayrton Senna durante a carreira na curva de Tamburello. Como resultado, para a carreira de 1995, cambiaronse as curvas de Tamburello e Villeneuve creando chicanes para facer as curvas máis lentas, e a Variante Bassa endereitouse. Tamén foi o catalizador dos cambios realizados noutros circuítos, e o deporte como un todo, nun intento de facelo máis segura. Os construtores queixáronse da mala calidade das instalacións de Imola así que, logo de moitas discusións deixouse caer o GP de San Mariño do campionato de Fórmula Un, sobre todo porque existía outro gran premio, celebrado en Italia, o 29 de agosto de 2006, a carreira foi excluída do calendario presentado para a tempada 2007, e non volveu desde entón.[1]

Ningún piloto de San Mariño competiu nunca na Fórmula Un, e a carreira disputouse nun circuíto en Italia, o piloto italiano Riccardo Patrese gañou en 1990. Michael Schumacher gañou a carreira 7 veces e Ayrton Senna e Alain Prost a gañaron 3 veces cada un. Williams e Ferrari gañaron 8 veces e McLaren 6 veces.

Gañadores do Gran Premio de San Mariño[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Equipo Circuíto Resultados
1981 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-Cosworth Imola Resultados
1982 Francia Didier Pironi Ferrari Imola Resultados
1983 Francia Patrick Tambay Ferrari Imola Resultados
1984 Francia Alain Prost McLaren-TAG Imola Resultados
1985 Italia Elio de Angelis Lotus Imola Resultados
1986 Francia Alain Prost McLaren-TAG Imola Resultados
1987 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Williams-Honda Imola Resultados
1988 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda Imola Resultados
1989 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda Imola Resultados
1990 Italia Riccardo Patrese Williams-Renault Imola Resultados
1991 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda Imola Resultados
1992 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Williams-Renault Imola Resultados
1993 Francia Alain Prost Williams-Renault Imola Resultados
1994 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Cosworth Imola Resultados
1995 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault Imola Resultados
1996 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault Imola Resultados
1997 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault Imola Resultados
1998 Flag of the United Kingdom.svg David Coulthard McLaren-Mercedes Imola Resultados
1999 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Imola Resultados
2000 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Imola Resultados
2001 Alemaña Ralf Schumacher Williams-BMW Imola Resultados
2002 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Imola Resultados
2003 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Imola Resultados
2004 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Imola Resultados
2005 España Fernando Alonso Renault Imola Resultados
2006 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Imola Resultados

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de San Mariño Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]