Marcel Desailly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcel Desailly

Marcel Desailly, nado en Accra como Odenke Abbey o 7 de setembro de 1968, é un ex-xogador de fútbol francés de orixe ghanesa. Xogou de defensor central e medio defensa.


Traxectoria[editar | editar a fonte]

Posúe un dos palmarés máis importantes do fútbol francés, integrou a selección de Francia 116 veces e coa que gañou a Copa do Mundo de 1998, a Eurocopa de 2000 e a Copa das Confederacións en 2001 e 2003. En clubs gañou a Liga de Campións dúas veces, co Olympique de Marseille en 1993 e co AC Milan en 1994. Disputou tamén durante seis tempadas o campionato de Inglaterra, onde de 1998 a 2004 capitán do Chelsea FC .