Barima-Waini
Barima-Guainí é unha das 10 rexións nas que se atopa dividida administrativamente a república de Güiana. Esta rexión non é recoñecida por Venezuela porque a rexión encóntrase na Zona en Reclamación . Debe o seu nome ao ríos Barima e ao Waini que o atravesan. Delimita ao norte co océano Atlántico, ao este coa rexión de Pomeroon-Supenaam, a rexión de Cuyuni-Mazaruni ao sur e con Venezuela ao oeste.
A súa capital é Mabaruma, sendo outras cidades de importancia: Santa Rosa, Port Kaituma, Matthew's Ridge, Morawhanna, Towakaima, Koriabo, Hosororo, Arakaka e Moruca.
A súa extensión actual é de 20.339 km², cunha poboación de 24.275 habitantes segundo censo realizado no 2002.
Até a constitución de 1980, coa que recibiu o seu actual estatuto, coñecíase como o distrito do noroeste.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |