Georgetown, Güiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 6°48′N 58°10′W / 6.800°N 58.167°W / 6.800; -58.167

Georgetown, Güiana
Stabroek Market Clock by Khirsah1.jpg
Stabroek Market en primeiro plano e vista parcial de Georgetown
Situación xeográfica
Georgetown en Güiana
Georgetown
Georgetown
País Flag of Guyana.svg Güiana
Rexión Demerara-Mahaica
Xeografía
Altitude -2 msnm
Superficie 50 km2 km²
Poboación
Poboación 239.227 hab. (2009)
Densidade hab/km²
Información
Código postal
Alcalde
Páxina web

Georgetown é a capital da Güiana e cunha poboación de 213.705 habitantes (2002) é a cidade máis grande da ex-colonia británica. A cidade está situada sobre a costa atlántica, na foz do río Demerara, cerca de 20 km a leste do estuario do río Essequibo. É alcumada como “a cidade xardín do Caribe”.

Historia[editar | editar a fonte]

Georgetown foi inicialmente denominada Stabroek cando a área estaba aínda controlada polos holandeses. Durante a ocupación francesa Georgetown tivo a súa primeira rúa pavimentada. Cando os británicos conquistaron a colonia en 1812, foi renomeada como Georgetown, en honra do rei Georges III de Gran Bretaña. Obtivo o status oficial de cidade o 24 de agosto de 1842, durante o reinado de Vitoria. En 1945 un vasto incendio provocou graves estragos na cidade.

Comercio[editar | editar a fonte]

Azucre, madeira, bauxita, ouro e diamantes son produtos do país exportados a través do porto de Georgetown.

Urbanismo[editar | editar a fonte]

Georgetown está construída segundo o esquema dunha grella atravesada por canais abertas polos holandeses, que permiten a drenaxe da cidade, que se encontra a máis de 4 metros por baixo do nivel da marea alta. Foi tamén construído un gran muro para evitar as inundacións. As rúas de Georgetown son arboradas, e ao longo das mesmas érguense moitos edificios de estilo colonial, feitos de madeira.

Sitios de interese[editar | editar a fonte]

Pazo do Parlamento

A maior parte das edificacións máis importantes da cidade áchanse na parte occidental. Arredor da área centro-occidental está Independence Square e Promenade Gardens, o Museo de Antropoloxía "Walter Roth", a Biblioteca Nacional (construída con financiamento de Andrew Carnagie), o Banco da Güiana, o Museo da Güiana, a State House ou residencia do presidente do país e mais a catedral anglicana de San Xurxo.

Na parte meridional da mesma zona encóntrase o Pazo Municipal, de estilo neogótico (1889), a Victoria Law Courts (1887), o Pazo do Parlamento (1829-1834), o gran Mercado Stabroek (1792) coa torre do reloxo que domina o panorama cidadán, a catedral católica, City Engineer House, a Magistrate Court, a igrexa de Santo André (1818) e o Arco da Independencia (Independence Arch).

Na parte setentrional da cidade, cerca da costa atlántica está situado o forte William Frederick, un parque, o faro e a Umana Yana, unha construción cónica dos indíxenas Wai-Wai construída, segundo os métodos tradicionais, en 1972, con ocasión da conferencia dos ministros de asuntos exteriores dos países non aliñados.

Educación[editar | editar a fonte]

Georgetown é sede da Universidade de Georgetown. A Universidade da Güiana está situada en Turkeven na periferia da cidade.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Georgetown está atendida polo Aeoporto Internacional Cheddi Jagan, situado a 41 km ao sur da cidade, desde onde hai voos constantes con New York, Miami, Toronto, Bridgetown, Port of Spain e Paramaribo. Hai tamén liñas regulares de autobuses entre Georgetown e Boa Vista en Brasil, e servizo diario por ferri con Paramaribo, Suriname que cruza o río Courantyne.