Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Güiana
 |
|
|
A bandeira de Güiana, coñecida como a punta de frecha dourada, foi aprobada o 26 de maio de 1966. Foi deseñada por Whitney Smith, un estadounidense coñecido polos seus estudos centrados na vexiloloxía. O deseño orixinal non incluía os bordos negro e branco que foron incorporados polo College of Arms. A cor verde representa á agricultura e os bosques. O branco simboliza os ríos e a auga. O dourado reflicte a riqueza mineral do país. O negro representa a capacidade de resistencia, e o vermello o ardor e o dinamismo.
Outras bandeiras[editar]
-
Pavillón de Güiana, mesmo deseño que a súa bandeira, pero en proporcións 1:2.
-
Bandeira da Güiana Británica, de 1875 a 1906.
-
Bandeira da Güiana Británica, de 1906 a 1954.
-
Bandeira da Güiana Británica, de 1954 a 1966.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]