Jorge Mira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jorge Mira
Datos persoais
Nacemento30 de outubro de 1968
LugarBaio
NacionalidadeEspaña
Actividade
Campofísico, presentador de televisión e xadrecista
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Contribucións e premios
Coñecido porElectromagnetismo
PremiosPremio Prismas
editar datos en Wikidata ]

Jorge Mira Pérez, nado en Baio (Zas) o 30 de outubro de 1968, é un físico, investigador, divulgador científico e colaborador en diferentes medios de comunicación galego. Dende decembro de 2016, é membro correspondente da Real Academia Galega polas súas investigacións desenvolvendo modelos matemáticos para estudar a lingua galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Licenciado e doutor en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario, é catedrático da área de electromagnetismo na facultade de Física da devandita Universidade.[2]

Foi finalista do Premio da Real Sociedade Española de Física a Investigadores Noveis (1999), Premio de investigación en ciencia e tecnoloxía da Deputación de Pontevedra (2001), Premio da Real Academia Galega de Ciencias (2002), Premio do Colexio Oficial de Físicos de España (2010), XXXIV Premio da Crítica Galicia, na modalidade de investigación (2011) e é Mención de Honor do Premio de investigación da Real Academia Galega de Ciencias (2011).

Tres dos seus traballos de investigación foron en colaboración co Premio Nobel de Química 2019 John B. Goodenough.

Relevancia nos medios[editar | editar a fonte]

En televisión, foi colaborador científico nos programas Que serán (TVE-Galicia), Arrampla con todo, Ciencianosa e Luar, estes tres últimos na Televisión de Galicia. Nesta mesma cadea foi, ademais, o experto en cifras do concurso Cifras e letras durante 7 anos, despois estivo no concurso Verbas van e despois en Coma un allo. No eido radiofónico, é colaborador científico, entre outras, na Radio Autonómica de Galicia (Radio Galega). A iso súmanselle diversos artigos en La Voz de Galicia, onde é columnista científico.

Os presentadores de Coma un allo, Bernardo Montaña, María Canosa e Jorge Mira.

Por esta actividade, recibiu diferentes galardóns: o «Física en Acción», da Real Sociedade Española de Física (2000), Mención de Honra no «Premio Ciutat de les arts i de les ciències de Valencia» (2001) e o Premio Nacional «Ciencia en Acción», do MEC e o EIROForum (2005). Nese mesmo ano foi destacado na portada do número conmemorativo do décimo aniversario da sección "Next Wave" da revista Science, pola combinación da actividade de profesor universitario e divulgador científico. En 2010 a organización deste premio concedeulle a súa Medalla de Honor "pola súa ampla traxectoria de apoio á comunicación científica". En 2011 concedéuselle o Premio «José María Savirón» de divulgación científica, da RSEF, RSEQ, RSME, COQ, COG, COFIS, CSIC e outras entidades (ex-aequo co programa de TVE-2 «Tres14»), "polo seu destacado labor divulgativo a través de radio, prensa e televisión, e tamén a través do Programa ConCiencia, con participación de varios Premios Nobel". En 2012 concedéuselle o Premio da Real Sociedad Española de Física, na modalidade de ensino e divulgación da física, "polo seu labor pedagóxico de gran calidade e a súa destacable actividade no eido da divulgación científica”.

Tamén publicou diversos artigos sobre curiosidades ou anécdotas científicas (entre eles, en colaboración con J. Viña, un no que calcula a temperatura do ceo e do inferno). En Grial escribiu sobre o cambio de fuso horario.[3]

En 2010 publicou o seu primeiro libro: "A ciencia no punto de mira" (3 edicións), traducido e editado en castelán en 2011. En 2016 publicou o segundo: "A que altura está o ceo?", tamén con 3 edicións en galego e unha en castelán (en 2020).

En 2018, foi nomeado polo goberno de España membro da comisión de expertos para a reforma da hora oficial.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • I Premio 'Física en Acción' (2000)
  • Premio de investigación en ciencia e tecnoloxía da Deputación de Pontevedra (2001)
  • Premio da Real Academia Galega de Ciencias (2002)
  • VI Premio Nacional 'Ciencia en Acción' (2005)
  • Premio do Colexio Oficial de Físicos de España (2010)
  • Medalla de Honor 'Ciencia en Acción' (2010)
  • Premio 'José María Savirón' de divulgación científica (2011)
  • XXXIV Premio da crítica Galicia - modalidade de investigación (2011)
  • Premio da Real Sociedade Española de Física - modalidade de ensino e divulgación da física (2012)
  • Premio Lois Peña Novo 2014
  • XVIII Premio Nacional «Ciencia en Acción» - modalidade de materiais didácticos de ciencia (2017)
  • Premio Prisma Casa das Ciencias especial do Xurado 2017 (XXX edición)[5]
  • Primeiro Premio de Divulgación Científica da RAGC en 2020.[6]
  • XXII Premio nacional «Ciencia en Acción» - modalidade de divulgación científica (2021).[7]
  • Medalla de investigación da Real Academia Galega de Ciencias, na área de matemáticas, física e ciencias da computación, "pola orixinalidade e calidade da súa traxectoria científica, con notables contribucións a un grande abano de disciplinas" (2022).[8]
  • Premio da Confederación de Sociedades Científicas de España a la difusión de la ciencia (2023).[9]

Obras[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ciencia, G. GCiencia, ed. "O catedrático da USC Jorge Mira, novo membro da Real Academia Galega". Consultado o 20 de decembro de 2016. 
  2. "Obras científicas de Jorge Mira no rexistro ORCID". 
  3. Mira, Jorge (xullo, agosto, setembro 2021). "Fuso horario e cambio estacional de hora". Grial LIX (231): 69–75. ISSN 0017-4181. 
  4. "Constituido el Grupo de personas expertas para el estudio de la reforma de la hora oficial". Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad. 
  5. "Ditame do xurado da XXX convocatoria dos prismas da Casa das Ciencias á divulgación". mc2. Arquivado dende o orixinal o 29/01/2020. Consultado o 18/09/2017. 
  6. Pontevedra, Diario de (2020-07-13). "La RAGC concede el primer Premio de Divulgación Científica a Jorge Mira". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2020-07-14. 
  7. "O catedrático da USC Jorge Mira, premiado na XXII edición de Ciencia en Acción". 
  8. "Web Real Academia Galega de Ciencias". 
  9. "El físico Jorge Mira Pérez ha sido galardonado con el Premio COSCE a la Difusión de la Ciencia 2023". 
  10. Mira Pérez, Jorge (2010). A ciencia no punto de mira. AugA Editora. ISBN 978-84-936676-9-6. 
  11. Mira Pérez, Jorge; Canosa Blanco, María (2016). A que altura está o ceo?. Alvarellos Editora. ISBN 978-84-16460-02-1. 
  12. Stephen Hawking (2018). Unha breve historia do tempo. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-16954-92-6. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2018. Consultado o 08 de xullo de 2021. 
  13. Albert Einstein (2017). Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral. Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-92923-83-0. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]