Eva Veiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eva Veiga
Nacemento22 de outubro de 1961
 Ombre
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista e escritora
XénerosPoesía e ensaio
EstudosFiloloxía inglesa
PremiosPremio da Crítica de poesía galega
Na rede
AELG: 175 Dialnet: 3930243
editar datos en Wikidata ]

Eva Veiga Torre nada en Ombre (Pontedeume) o 22 de outubro de 1961, é unha escritora e xornalista galega.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras realizar estudos de Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en El Ideal Gallego e na TVG, onde desenvolveu unha polifacética e intensa actividade profesional, sobre todo na dirección e presentación de programas culturais. Neste eido foi dúas veces Premio TP e Premio Galicia de Comunicación. Asemade, presentou e dirixiu para televisión a serie documental sobre a historia da arte galega Galicia no Tempo, programa que foi galardoado co Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia e co Premio de Honra da UNESCO.

Como actriz, foi a protagonista do longametraxe A cicatriz branca, de Margarita Ledo.[3] Unha grave enfemidade apartouna do seu traballo en Televisión pasando a dedicarse á escrita de artigos en revistas e xornais. Xunto aos músicos Fito Ares e Bernardo Martínez, formou parte do grupo poético-musical Ouriol.[4]

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Tradución[editar | editar a fonte]

  • Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo, 2009, Galaxia.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Eva Veiga". www.aelg.gal. Consultado o 2020-11-01. 
  2. "Eva Veiga". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2020. Consultado o 2020-11-01. 
  3. "Eva Veiga [Poesía contra coronavirus]". ALGUÉN QUE RESPIRA! Festival de Poesía para Corpo Principal. 2020-03-18. Consultado o 2020-11-01. 
  4. "Sirgo Torcendo. Cultural Management - Escena - Grupo Ouriol". www.sirgotorcendo.com. Consultado o 2021-05-09. 
  5. "Eva Veiga interroga á vida en «A luz e as súas cicatrices»". La Voz de Galicia. 2006-03-15. Consultado o 2020-11-01. 
  6. Nicolás, Ramón (2011-04-27). "A frecha azul do teixo, de Eva Veiga". Caderno da crítica. Consultado o 2020-11-01. 
  7. "Eva Veiga AB2017" (PDF). anuario brigantino. Consultado o 2020/11/01. 
  8. Nicolás, Ramón (2014-12-29). "A distancia do tambor, de Eva Veiga". Caderno da crítica. Consultado o 2020-11-01. 
  9. Nicolás, Ramón (2017-05-23). "Soño e vértice, de Eva Veiga". Caderno da crítica. Consultado o 2020-11-01. 
  10. Valverde, Alberte (2016). "Viaxe a través da luz: Soño e vértice, Eva Veiga, Espiral maior, 2016, 70 páxinas". Grial: revista galega de cultura 54 (Extra 212): 86–87. ISSN 0017-4181. 
  11. Seara, Teresa (Xullo, agosto, setembro 2020). "Certeza e anunciación". Grial. LVIII (227): 68–69. ISSN 0017-4181. 
  12. Mariño Dávila, Esperanza (Xullo, agosto, setembro 2023). "A audacia do mergullo na vida e mais na morte". Grial (xullo, agosto, setembro 2023) LXI (239): 102–103. ISSN 0017-4181. 
  13. "Os premios Losada Diéguez reivindican a figura do escritor ourensán na súa 36.ª edición". La Voz de Galicia. 2021-06-13. Consultado o 2022-04-24. 
  14. Diario, Nós (2024-02-13). "A xornalista Eva Veiga, premio de honra Fernando Rey por "facer posíbel unha televisión pública comprometida"". Nós Diario. Consultado o 2024-02-14. 
  15. "Eva Veiga". IMDb. Consultado o 2020-11-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]