Ramom Pinheiro Almuinha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamom Pinheiro Almuinha
Biografía
Nacementoxuño de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , produtor musical , historiador da música (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ramom Pinheiro Almuinha, "Chito", nado en Vigo en xuño de 1975, é músico, produtor e historiador musical galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Discípulo de Moxenas, Ramom Pinheiro licenciouse en Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Historia da música galega no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, e director artístico da editorial discográfica Ouvirmos. Foi membro do Consello asesor do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega, e docente de Historia da música galega na Central Folque (Compostela). Ten colaborado en diversas ocasións con grupos musicais, especialmente con Chouteira. É o director artístico da Central Folque-Centro Galego de Música Popular.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]