El Clot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°24′38.2″N 2°10′58.86″E / 41.410611°N 2.1830167°E / 41.410611; 2.1830167

O barrio do Clot, dentro do distrito de Sant Martí.

El Clot é un dos barrios que forman o distrito barcelonés de Sant Martí. É un dos núcleos máis antigos do distrito dado que xa existía na época medieval co nome de Clotum Melis. O nome actual deriva da palabra Cros, que significa "fondo" e que fai referencia a terras de cultivo situadas en fondais.

Esta zona era unha das que provía Barcelona de víveres grazas ás súas hortas e muíños arredor do Rec Comtal (rego condal) e algunhas das construcións de carácter rural, masías e torres señoriais aínda se manteñen como a Torre do Fang. No século XIX instaláronse no barrio fariñeiras e industrias téxtiles, entre outras. Isto provocou que a finais de século fora un gran asentamento industrial e obreiro.

Actualmente o Clot aínda é un barrio obreiro, a pesar de que está rodeado pola zona sur de grandes edificios como a Torre Agbar e centros comerciais como o de Glòries, creando un contraste arquitectónico visible. Está situado relativamente preto do centro da cidade e moi ben comunicado por transporte público, xa que ten entre outros servizos unha gran estación de Metro e Renfe.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]