El Guinardó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antigo Instituto Ravetllat-Pla

El Guinardó é un barrio da cidade de Barcelona, pertencente ao distrito de Horta-Guinardó.

O barrio do Guinardó atópase dentro do antigo municipio de Sant Martí de Provençals, no límite de Horta (co termo do cal compartiu algúns terreos) e con Gràcia, e esténdese polas ladeiras orientais da Muntanya Pelada. Ata os últimos decenios do século pasado o sector estivo ocupado por campos de cultivo, canteiras (o sector actual de Can Baró), pastos e casas de labor, entre as cales Mas Guinardó, que había de dar nome ao barrio, o Mas Viladomat, o Mas Casanoves, o Mas Vintró e a Torre dels Pardals.