Bon Pastor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°25′58.315″N 2°12′25.22″E / 41.43286528°N 2.2070056°E / 41.43286528; 2.2070056

Situación do barrio en Barcelona.

Bon Pastor é un barrio do distrito de Sant Andreu da cidade de Barcelona, limítrofe con Santa Coloma de Gramenet e Sant Adrià de Besòs. Está dividido en dous sectores: L'Estadella, o máis novo, e as Cases Barates, o máis vello.

O primeiro núcleo de asentamento nos terreos que serán posteriormente coñecidos como Bon Pastor foron o barrio de Sanchis e os cultivos dos arredores. En 1929 edifícanse as casas baratas como vivendas de protección oficial de alugamento polo Instituto Municipal da Vivenda, sobre terreos que pertencían naquel momento ao municipio de Santa Coloma de Gramenet. Era o máis grande dos catro polígonos de casas baratas da cidade; os outros, Eduardo Aunós (na Zona Franca), Ramón Albó (en Horta) e Baró de Viver (moi preto do Bon Pastor, tamén na ribeira do Besòs) foron remodelados no curso dos anos.

En 2003 apróbase a remodelación do Bon Pastor, que finalmente faise efectiva a partir de 2007. As obras consisten no derrubamento das casas baratas e a construción de novos bloques de vivendas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]