El Besòs i el Maresme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°25′11.86″N 2°12′58.13″E / 41.4199611°N 2.2161472°E / 41.4199611; 2.2161472

Barrio do Besòs i el Maresme, coa Rambla de Prim no centro, visto desde o Hotel Princess

El Besòs i el Maresme é un barrio do distrito de Sant Martí da cidade de Barcelona. Atópase na zona nordés, no límite co municipio de Sant Adrià del Besòs. O barrio creceu pola construción de vivendas durante as décadas de 1950 e 1960 para reducir o déficit destes que había na cidade.

Antigamente os terreos eran regados por canais como o da Madriguera e o da Verneda, restos dun antigo brazo do río Besòs que desembocaba no Campo da Bota. O barrio esténdese polo tramo sur da Rambla de Prim.

No barrio hai parte das instalacións do parque do Fòrum, construídas para o Fórum Universal das Culturas 2004 e está en construción o Campus Diagonal-Besòs. Estaba tamén prevista a construción dun Zoo Mariño pero o proxecto parouse en 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Besòs i el Maresme Modificar a ligazón no Wikidata