Vallcarca i els Penitents

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O viaducto de Vallcarca

Vallcarca i els Penitents é un dos cinco barrios en que se divide o distrito de Gràcia, situado na cidade de Barcelona. O seu nome débese a que está formado por dous barrios antigamente ben diferenciados, de cuxa unión xurdiu o barrio tal e como se coñece agora.

Situado entre os montes do Putget e do Coll, Vallcarca i els Penitents é un dos barrios con maior altura sobre o nivel do mar da cidade e con maior pendente nas súas rúas, xa que os seus límites comezan na Praza Lesseps e acaban na saia de Collserola.