El Parc i la Llacuna del Poblenou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°23′56.84″N 2°11′26.67″E / 41.3991222°N 2.1907417°E / 41.3991222; 2.1907417

O barrio no distrito de Sant Martí.

El Parc i la Llacuna del Poblenou é un barrio do distrito de Sant Martí da cidade de Barcelona. Desde 2006 está delimitado pola Gran Via de les Corts Catalanes, as rúas da Llacuna, de Pere IV, de Àvila, de Llull, de Wellington, de Pujades, de Roger de Flor, dos Almogàvers e a avenida Meridiana ata a Plaça de les Glòries Catalanes.

Os núcleos orixinais deste barrio establecéronse arredor de varios parques, o da Estació del Nord, o parque da Ciutadella e a vía que unía o núcleo do Poblenou con El Clot, la Llacuna. A parte máis próxima ao parque considérase parte do Fort Pius (algunhas entidades da zona conservan esta referencia), denominación que se estendía tamén por algunhas illas que hoxe corresponden ao barrio de La Vila Olímpica del Poblenou.

O barrio está formado por dúas zonas diferenciadas, a veciñanza do Parque e o entorno da Plaça de les Glòries. O proxecto 22@ e a remodelación xeral do antigo Poblenou introduciron novedades no barrio en calidade arquitectónica, como a incorporación da coñecida Torre Agbar. A remodelación da Plaça de les Glòries ten proxectada a construción dun edificio que albergue o Museo do Deseño.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]