La Verneda i la Pau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saída da estación de Verneda do metro de Barcelona.

La Verneda i la Pau é un dos barrios que conforman o distrito barcelonés de Sant Martí. Nel atópase o núcleo orixinario do antigo pobo de Sant Martí de Provençals, que data do ano 1052, malia que agora sabemos que xa no século I a.C. había asentamentos romanos polos grandes restos atopados da Vila Romana da Verneda coa Ponte do Traballo en agosto de 2011, así como outros restos romanos baixo a derrocada masía Can Nyau no extremo montaña da Rambla Prim e mesmo fixéronse achados de restos neolíticos que aínda se teñen que estudar. O seu nome fai referencia ás árbores que crecen á marxe dos ríos, os amieiros (verns en catalán).

Ata a década de 1950 do século pasado, o territorio que comprende estaba ocupado maioritariamente por campos de cultivo e unhas cantas masías (Can Planas, Ca l'Arnó, Can Riera, Can Cadena). No final do século XIX pintores como Isidre Nonell, Joaquim Mir, Juli Vallmitjana, Ricard Canals, Ramon Pichot e Adrià Gual, coñecidos como a colla del Safrà, ían pintar aos campos da Verneda de Sant Martí.

O barrio actual orixinouse na década de 1950 a causa da gran demanda de vivendas xerada pola chegada masiva de inmigrantes, cunha alta densidade de edificios e de poboación e, naquel momento, unha falta total de equipamentos e servizos. Grazas á continuada reivindicación veciñal o barrio mellorou a súa situación e construíronse varios equipamentos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Verneda i la Pau

Coordenadas: 41°25′48.64″N 2°12′35.57″E / 41.4301778°N 2.2098806°E / 41.4301778; 2.2098806