Les Tres Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Avenida Diagonal é o límite de Les Tres Torres polo sur.

Les Tres Torres é un barrio do distrito de Sarrià-Sant Gervasi da cidade de Barcelona. É un dos sectores que pertenceron ao antigo municipio de Sarrià. Comezou edificarse en 1860, en paralelo coa construción do ferrocarril que ía da Plaça de Catalunya a Sarrià.

Os límites do barrio foron moi discutidos pero a última delimitación foi: Via Augusta, Doctor Carulla, Ganduxer, Av. Diagonal, Av. de Sarrià, Passeig de Manuel Girona, Bosch i Gimpera, carrer del Cardenal Vives i Tutó, c. de Font Coberta, carrer de Bonaplata e carrer dels Vergós.