Provençals del Poblenou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parque do Centro do Poblenou, situado en Provençals del Poblenou

Provençals del Poblenou é un dos barrios que forman o distrito barcelonés de Sant Martí. Está situado por encima da avenida Diagonal e por debaixo da Gran Via de les Corts Catalanes. Limita cos barrios de Sant Martí de Provençals, Besòs i el Maresme, Diagonal Mar, el Poblenou e el Parc i la Llacuna del Poblenou.

Este barrio é unha zona que non tiña unha identidade urbana ben definida ata fai pouco e o topónimo fai referencia ao antigo municipio de Sant Martí de Provençals e a vinculación deste sector co territorio histórico do Poblenou.

Hai dúas unidades diferenciadas no barrio: a parte da Gran Via de les Corts Catalanes e a zona que se estende ata a Diagonal e que inclúe o sector do 22@.

Atópase no barrio o Parque do Centro do Poblenou, deseñado por Jean Nouvel, o antigo complexo industrial de Can Ricart de usos colectivos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provençals del Poblenou

Coordenadas: 41°24′34″N 2°12′2″E / 41.40944°N 2.20056°E / 41.40944; 2.20056