Camp d'en Grassot i Gràcia Nova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCamp d'en Grassot i Gràcia Nova
Imaxe

Localización
Mapa
 41°24′22″N 2°10′02″L / 41.4061, 2.1672Coordenadas: 41°24′22″N 2°10′02″L / 41.4061, 2.1672
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
DistritoGràcia Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación35.352 (2021) Editar o valor em Wikidata (54.304,15 hab./km²)
Xeografía
Superficie65,1 ha Editar o valor em Wikidata

Camp d’en Grassot i Gràcia Nova é un barrio de Barcelona situado no Distrito de Gràcia e que conta con 34.838 habitantes. Está delimitado polas rúas Bailèn e Escorial no oeste, pola rúa Rosselló ó sur, pola rúa das Camèlies ó norte e pola rúa Sardenya ó leste. O edificio máis emblemático é a antiga fábrica de La Sedeta, agora convertida en instituto de ensino secundario e en centro cívico. O barrio celebra a primeira quincena de setembro a súa propia festa maior.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Camp d’en Grassot é hoxe un barrio relativamente independente da Vila de Gràcia (o barrio máis poboado do distrito de Gràcia). Esta área caracterízase por un desenvolvemento distinto, con construcións máis recentes que o resto de barrios do Distrito de Gràcia e cun carácter máis comercial.

O Camp d’en Grassot era, nas súas orixes, unha zona rural no extremo do antigo municipio de Gràcia que estaba na zona limítrofe co antigo municipio de Barcelona e que por algún tempo pasou a pertencer ó Barrio de Sagrada Família. A partir de 1860, este barrio pasou a ser unha zona urbanizada polos propietarios dos terreos, un dos cales foi Jeroni Grassot, de quen provén o nome do barrio.[1]

A antiga fábrica de La Sedeta foi creada en 1899 e estivo en funcionamento ata finais de 1976. En 1978 foi adquirida polo Concello de Barcelona. Ademais desta, tamén houbo outras fábricas no contorno na mesma época tales coma Casa Pujol e Casacuberta.

Entre 1904 e 1913 construíuse no barrio a Església de l’Immaculat Cor de Maria, situada ó lado do Colexio Claret.

Unha das entidades máis destacadas do barrio é o Club Esportiu Europa que actualmente xoga na Terceira División Española.[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Graciapèdia". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2011. Consultado o 16 de setembro de 2011. 
  2. Club Esportiu Europa (ed.). "Dades i palmarès del C.E.Europa". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2011. Consultado o 13 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]