Vallbona, Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°27′44.39″N 2°10′58.47″E / 41.4623306°N 2.1829083°E / 41.4623306; 2.1829083

Situación do barrio en Barcelona.

Vallbona é un barrio do distrito de Nou Barris da cidade de Barcelona. Está separado do resto da cidade de Barcelona polas autoestradas de Girona e Manresa a estrada C-17, polo oeste, e a finca agrícola La Ponderosa, polo sur. Ao leste temos o leito do río Besòs, no termo municipal de Santa Coloma de Gramenet, e ao norte o barrio de Can Sant Joan, do termo municipal de Montcada i Reixac.

En febreiro de 2006 o alcalde Joan Clos inaugurou a ponte do Congost, que conecta os barrios de Torre Baró e Vallbona, por enriba das vías do tren e da AP-7, cunha beirarrúa amplia para viandantes e un corredor de bicicletas.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vallbona, Barcelona