El Poble-sec, Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°22′25″N 2°9′48″E / 41.37361°N 2.16333°E / 41.37361; 2.16333

El Poble-sec.

El Poble-sec é un barrio do distrito de Sants-Montjuïc da cidade de Barcelona. Ten aproximadamente 70 hectáreas de extensión e está situado entre Montjuïc e a avenida do Paral·lel.

A costa do Poble-sec, como porto natural, foi utilizada como porto da cidade polos iberos e romanos, e dispoñía dunha vía de acceso á cidade,[1] usado habitualmente ata o século X e esporadicamente ata o século XIV.[2] A principios do século XIII xa se construían barcos extramuros entre o torrente de Cagadell e Montjuïc, nuns terreos nos que Xaime I de Aragón prohibiu a construción de novas casas e ordenou o derrubamento das existentes. Durante o reinado de Pedro III de Aragón entre 1275 e 1285, iniciouse a construción das Drassanes Reials de Barcelona, que constaban dun amplio edificio amurallado de planta rectangular que estaba aberto polo lado do mar enmarcando un gran patio central descuberto, con catro torres nos seus ángulos, das que hoxe existen aínda dúas.[3]

Este barrio foi o primeiro ensanche de Barcelona, anterior ao proxectado por Ildefons Cerdà. As murallas de Barcelona foron derrubadas en 1854 e o plan do Eixample (Ensanche) foi aprobado cinco anos máis tarde, pero os propietarios tardaron uns anos en construír, por reticencias contra o proxecto de Cerdà. Os terreos situados no lado máis próximo ao mar da montaña de Montjuïc non quedaban incluídos no plan do Eixample e non estaban, por tanto, suxeitos a limitacións urbanísticas.

Os propietarios comezaron a parcelalos segundo os seus intereses a partir de 1858, e a edificar casas sinxelas para obreiros. Naceron así os barrios de França Xica, Santa Madrona e Hortes de Sant Bertran, despois agrupados baixo o nome xenérico de Poble-sec.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Drassanes Reials" (en catalán). Anuari d'arqueologia i patrimoni de Barcelona 2011. 2012. pp. 151. 
  2. Terradas Muntañola, Robert (2009) (en castelán). Las Atarazanas de Barcelona: Trazado, construcción, y restauración. pp. 22. ISBN 978-84-937011-9-2. 
  3. Cubeles, Albert; Moreno, Iñaki; Nadal, Esteve (2012). Noves descobertes arqueològiques a la Drassana reial de Barcelona. 278. pp. 117-139. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Poble-sec, Barcelona Modificar a ligazón no Wikidata