La Barceloneta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°22′50″N 2°11′21″E / 41.38056°N 2.18917°E / 41.38056; 2.18917

Situación do barrio respecto da cidade

La Barceloneta é un barrio mariñeiro do distrito de Ciutat Vella de Barcelona construído durante o século XVIII e proxectado polo enxeñeiro Pròsper de Verboom a fin de dar cabida aos habitantes do barrio da Ribera que perderan as súas vivendas, mandadas demoler por Filipe V para construír a Ciutadella. A súa poboación é de 22.428 habitantes no censo feito durante o 2008.

O barrio da Barceloneta debe a súa existencia aos terreos que se gañaron ao mar ao absorber a Illa de Maians.

O barrio ten forma triangular e limita coas praias do barrio e o mar, co Peirao de España do Port Vell e co barrio da Ribera, a estación de França e o novo Port Olímpic da cidade. A estrutura urbanística do barrio é un bo exemplo do tipo de urbanismo do período da Ilustración, con rúas de trazado rectilíneo e illas de casas regulares. A tipoloxía de vivenda en orixe era o de viviendes unifamiliares de planta e piso con acceso a dúas rúas para que tivesen unha ventilación óptima. Co paso dos anos e a especulación, esta estrutura desapareceu e atopamos edificios con alturas moi superiores ás que se estableceron en orixe, ademais da partición das viviendes orixinais en metades e cuartos de piso.

Durante o século XIX tivo un importante desenvolvemento industrial con grandes fábricas hoxe desaparecidas como a Maquinista Terrestre e Marítima, convertidas na actualidade a pavillóns deportivos ou institucións educativas.

No centro do barrio atópase a igrexa de Sant Miquel del Port na praza da Barceloneta. En 1950 inaugurouse a Igrexa Evanxélica Bautista da Barceloneta, unha das máis importantes de Cataluña.

Desde xaneiro de 2008 atópase situada a sede central de Gas Natural, un edificio singular chamado Torre Marenostrum, obra dos arquitectos Benedetta Tagliabue e Enric Miralles.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Barceloneta Modificar a ligazón no Wikidata