El Congrés i els Indians

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEl Congrés i els Indians
Imaxe

Nomeado en referencia aQ19921586 Traducir e Indiano (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 41°25′33″N 2°10′51″L / 41.4259, 2.1807Coordenadas: 41°25′33″N 2°10′51″L / 41.4259, 2.1807
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
DistritoSant Andreu Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación14.549 (2021) Editar o valor em Wikidata (35.572,13 hab./km²)
Xeografía
Superficie40,9 ha Editar o valor em Wikidata

El Congrés i els Indians é un dos barrios do distrito de Sant Andreu da cidade de Barcelona. Os límites do núcleo inicial deste barrio son as rúas Alexandre Galí, Ramon Albó, Riera d'Horta, Concepción Arenal, Garcilaso, Felip II e Puerto Príncipe. Na actualidade, considéranse do mesmo barrio as rúas e as zonas confinantes do que orixinalmente foi propiamente o "Congrés Eucarístic", como por exemplo o chamado barrio dos Indians, formado por un conxunto de illas onde se instalaron indianos cando volveron de América.

A orixe deste barrio foi o XXXV Congreso Eucarístico Internacional de Barcelona (1952), celebrado entre o 26 de maio e o 1 de xuño. Gregorio Modrego foi o impulsor e artífice dun Congreso que, dalgunha maneira abría as portas dunha Ditadura illada. Ao congreso asistiron representantes de 80 países, 49 cardenais, 225 arcebispos, bispos e abades e 20.000 sacerdotes, relixiosos e seminaristas. Cubriron o Congreso 356 correspondentes de prensa nacionais e 124 estranxeiros. Ademais inscribíronse 300.000 congresistas.

Con motivo deste evento e desde o punto social, Gregorio Modrego promoveu a edificación de diferentes polígonos de vivendas para familias traballadoras. Elixiuse o proxecto de urbanización elaborado polos arquitectos Josep Soteras Mauri, Antoni Pineda e Carles Marqués, e o Concello aprobou en febreiro de 1953 o Plan parcial de ordenación do barrio.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]