Can Peguera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edificio singular no paseo de Urrutia, nun extremo do barrio de Can Peguera

Can Peguera é un barrio do distrito de Nou Barris da cidade de Barcelona. Está situado entre El Turó de la Peira e La Guineueta, en Nou Barris, e o barrio de Horta, no distrito de Horta-Guinardó. É coñecido familiarmente como "Les Cases Barates" (Casas baratas).

O barrio é coñecido polas súas particulares vivendas, as casas baratas de Ramon Albó, construidas en 1929. Estas casas foron destinadas á poboación obreira que chegou á cidade durante o crecemento urbanístico e dos que perderon a súa vivenda en Montjuïc pola Exposición Internacional. Son casas pequenas dunha soa planta que fan de Can Peguera un dos barrios máis pintorescos de Nou Barris. En Can Peguera hai 650 casiñas e son un dos catro grupos de casas baratas de Barcelona.

Ademais no barrio tamén hai unha escola, hoxe en desuso, e unha igrexa, a de Francisco Xavier. Xunto á parroquia construíuse o único bloque de edificios do barrio, onde viven unhas trinta familias.

O barrio de Can Peguera recibe o nome da antiga masía coñecida así pola fabricación de cola. O nome recuperouse a finais do século XX por decisión dos veciños. Antigamente fora bautizado co nome de Ramon Albó.

As casas baratas de Can Peguera, coas que quedan do grupo de Milans del Bosch (Bon Pastor), son as últimas que quedan en pé logo do derrubamento das vivendas de Eduard Aunós (Zona Franca) e Baró de Viver (Sant Andreu).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Can Peguera