Sants

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSants
Imaxe

Nomeado en referencia aEsglésia de Santa Maria de Sants (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 41°22′31″N 2°08′10″L / 41.375278, 2.136111Coordenadas: 41°22′31″N 2°08′10″L / 41.375278, 2.136111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
Distritos (pt) TraducirSants-Montjuïc Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación43.679 (2021) Editar o valor em Wikidata (39.780,51 hab./km²)
Xeografía
Superficie109,8 ha Editar o valor em Wikidata

Sants é un barrio de Barcelona, situado na zona sur da cidade, no distrito de Sants-Montjuïc. Foi o núcleo principal do antigo municipio de Sants independente ata 1897, ao que lle daba nome, e que comprendía a zona central do actual distrito de Sants-Montjuïc excluíndo Montjuïc, el Poble Sec e Hostafrancs, que pertencían a Barcelona e a maior parte da Zona Franca que pertencía a L'Hospitalet.

O barrio é atravesado pola Ronda del Mig e polas vías do tren. No barrio atópase a estación ferroviaria de Barcelona-Sants, a máis importante da cidade. Ten un importante eixo comercial, coñecido como estrada de Sants, formado polas rúas da Creu Coberta, en Hostafrancs, e a rúa de Sants.

No século XIX, foi un barrio obreiro con varias fábricas téxtiles, entre outras hai que destacar as do Vapor Vell, convertida en biblioteca e escola en 2001, e a Espanya Industrial ou Vapor Nou, convertida en parque en 1983.

A festa maior celébrase cara o 24 de agosto, festividade de San Bartolomeu, patrón do barrio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]