El Gòtic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Basílica da Mercè

El Gòtic ou Barri Gòtic é un dos catro barrios que forman o distrito de Ciutat Vella da cidade de Barcelona.

O Barrio Gótico é o núcleo máis antigo da cidade e o seu centro histórico. O cardus e o decumanus romanos son os eixos de urbanización históricos do barrio na súa parte máis alta, o antigo Monte Táber (Plaça de Sant Jaume).

Á súa vez, está composto por diferentes barrios que conservan a súa propia personalidade: la Catedral, el Call i Sant Felip Neri, Sant Just, el Palau, el Pi, Santa Anna i la Mercè.

A estrutura do barrio permaneceu intacta ata o século XIX, período que traerá grandes transformacións na estrutura e morfología do barrio, por exemplo, a transformación dos cemiterios parroquiais en prazas públicas, o baleirado de grandes edificios co consecuente cambio de uso ou a derriba das murallas.

Actualmente consérvanse anacos da primeira muralla na praza da Catedral de Barcelona. Na rúa Ataulfo existe unha capela gótica que pertenecia a un palacio e coñécese pola Capela do Palacio.