La Teixonera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Teixonera é un barrio do distrito de Horta-Guinardó de Barcelona, situado na parte alta da cidade. Delimita cos barrios de El Carmel, La Clota, La Vall d'Hebron e Sant Genís dels Agudells do distrito de Horta-Guinardó, así como cos de El Coll e Vallcarca i els Penitents do distrito de Gràcia.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome do barrio provén de Joaquim Taxonera i Cassà (Arenys de Mar, 1858 - Barcelona 1934), un fabricante de calzado, propietario das terras da antiga leira de Can Grau, que parcelou para a súa posterior urbanización, segundo un proxecto de 1902. O barrio formouse entre 1915 e 1930, sendo coñecido como Colònia Taxonera.

Ao longo do século XX La Teixonera, como El Carmel e outros barrios da zona, foi centro dunha intensa inmigración do resto do estado, padecendo unha certa carencia de servizos básicos que non foi emendada ata os anos 80-90.

O 5 de novembro de 2011 apareceu unha gran focha duns 20 m² por mor das continuas choivas en Barcelona, que obrigou aos bombeiros a desaloxar un edificio situado no número 4 da praza de Isop.[1]

Notas[editar | editar a fonte]