Fort Pienc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaFort Pienc
Imaxe

Nomeado en referencia aFort Pius (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°23′44″N 2°11′01″L / 41.39567, 2.1837Coordenadas: 41°23′44″N 2°11′01″L / 41.39567, 2.1837
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
Distritos (pt) TraducirEixample de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación33.445 (2021) Editar o valor em Wikidata (36.001,08 hab./km²)
Xeografía
Superficie92,9 ha Editar o valor em Wikidata

Fort Pienc é un barrio da cidade de Barcelona do distrito do Eixample. Abarca a área delimitada por un perímetro que discorre pola avinguda Diagonal (desde a rúa de Nàpols ata a Plaça de les Glòries), avinguda Meridiana, rúa dos Almogàvers, rúa de Roger de Flor (só unha illa), avenida de Vilanova (só unha illa), Passeig de Sant Joan, Gran Via e rúa Nàpols ata a Diagonal. O barrio conta con 29.098 habitantes (segundo o censo do ano 2002) e ten o índice de poboación nova máis elevado do Eixample.

O barrio está situado ao redor de onde había o antigo forte militar denominado Fort Pius situado preto de onde agora hai o instituto IES Fort Pius, e que foi construído polo primeiro rei borbón, Filipe V, dentro do plan de instalacións militares que mandou levantar co obxectivo de manter sometida a cidade que se rebelou na guerra de 1714. Estas edificacións fortificadas incluían a Ciutadella e un forte adiantado (Fort Pius ou Fort Pienc), situado ao redor do lugar onde hoxe se levanta a antiga estación do Norte.