La Sagrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°25′20.49″N 2°11′10.75″E / 41.4223583°N 2.1863194°E / 41.4223583; 2.1863194

Situación do barrio en Barcelona.

La Sagrera é un barrio da cidade de Barcelona, situado no distrito de Sant Andreu. Limita ao norte con Vilapicina i la Torre Llobeta e Sant Andreu de Palomar, ao leste co barrio de La Verneda i la Pau, ao sur con El Clot e Sant Martí de Provençals, e polo oeste con El Congrés i els Indians e Navas.

O barrio de La Sagrera está integrado administrativamente no distrito de Sant Andreu, aínda que nunca pertenceu ao antigo municipio de Sant Andreu de Palomar, senón ao de Sant Martí de Provençals; con todo a realidade político-administrativa e urbanística fixo que La Sagrera manteña máis relacións con Sant Andreu que co resto de barrios de Sant Martí de Provençals.

A orixe deste nome remóntase ao século XI, cando os campesiños de Cataluña viven baixo as ameazas e as agresións dos nobres. O Abade Oliba, vendo a necesidade de protexelos, pacta cos nobres a creación das sagreres, un espazo de 30 pasos ao redor das igrexas en que persoas e bens estarían a resgardo de calquera agresión. Nestes espazos os campesiños construían uns pequenos edificios chamados sagrers, que se utilizaban para gardar as colleitas do párroco e a xente do contorno. Deste xeito nace o barrio da Sagrera, como a zona protexida do pobo de Sant Martí de Provençals.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Sagrera