El Coll

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa da nosa Señora do Coll

El Coll é un barrio de Barcelona situado no distrito de Gràcia. Ten 6.850 habitantes e está situado a 300 metros por encima do mar.

Historia [editar]

Sitúase a orixe do barrio na Igrexa da nosa Señora do Coll, que data do século XI. Orixinalmente o santuario chamábase de Mare de Déu da Fontrúbia. Cerca estaba a capela de Lourdes. As referencias máis antigas deste barrio datan do ano 1099.

Os señores feudais ían cazar o xabaril nas montañas próximas ao Coll, pouco antes de que os bandoleiros instalásense nas covas Cimany que, máis tardíamente, convertéronse en importantes minas de ferro.

Xa a principios do século XX, o barrio encheuse de masías e casas.

Nos anos 1960, O Coll sufriu a febre urbanística e foi invadida por todo tipo de construcións que ocuparon todos os espazos libres que quedaban.

Foi en 1976 cando se pediu a construción dun parque. A Canteira da Creueta estaba abandonada e a intención era construír alí pisos, pero finalmente inaugurouse o Parque da Creueta do Coll.

Actualmente o barrio do Coll está afectado polo proxecto urbanístico dos Tres Turons.