Porta, Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°26′4.74″N 2°10′29.81″E / 41.4346500°N 2.1749472°E / 41.4346500; 2.1749472

Situación do barrio en Barcelona.

Porta é un barrio do distrito de Nou Barris da cidade de Barcelona que limita co distrito de Sant Andreu pola avenida Meridiana. Os outros eixos principais que delimitan o barrio son a avenida de Fabra i Puig, a rúa Doctor Pi i Molist, o paseo Vedum e o paseo de Valldaura.

A historia deste barrio comeza en 1839 cando o antigo municipio de Sant Andreu de Palomar, debido ao aumento de poboación, trasladou o seu cemiterio aos terreos do actual barrio de Porta. Máis tarde edificáronse pequenas industrias e outras construcións arredor do cemiterio.

A urbanización do sector continuou durante os séculos XIX e XX e deu inicio ao barrio de Porta que quedou separado de Sant Andreu polas vías do ferrocarril da liña de Zaragoza.

Consérvase no barrio Can Verdaguer, unha antiga masía rural. Ten tamén o Heron City, o maior centro de ocio do barrio, e El Corte Inglés de Can Dragó. Tamén atopamos no barrio o Parque Deportivo de Can Dragó.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porta, Barcelona