Michael Kidd-Gilchrist
| Charlotte Bobcats – No. 14 | |
| Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de setembro de 1993 (19 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
| Peso | 103 kg (228 lb) |
| Instituto | St. Patrick High School Elizabeth, Nova Jersey |
| Información da carreira | |
| Universidade | Kentucky (2011–2012) |
| NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 2
Escollido por Charlotte Bobcats |
| Carreira | dende 2012 |
| Historial de equipos | |
| Charlotte Bobcats (2012-presente) | |
| Información en nba.com | |
Michael Kidd-Gilchrist, nado Michael Gilchrist o 26 de setembro de 1993 en Camden, Nova Jersey, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Charlotte Bobcats da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Instituto [editar]
Mentres estivo no St. Patrick High School foi considerado un dos mellores xogadores de baloncesto nos Estados Unidos.[1] En xullo de 2010, Gilchrist, xunto ó seu compañeiro en Kentucky Marquis Teague, formaron parte do equipo que gañou a medalla de ouro no Campionato do Mundo FIBA sub-17 en Hamburgo.[2] Na primavera de 2011, Gilchrist e St. Patrick foron derrotados nas semifinais do NJSIAA Parochial polo St. Anthony High School.
Traxectoria universitaria [editar]
Gilchrist decidiu ir á Universidade de Kentucky o 14 de abril de 2010.[3] No seu primeiro partido da tempada 2011-12, e o primeiro coma Wildcat, Kidd-Gilchrist foi titular e anotou 15 puntos, con 5 de 9 tiros anotados contra os Marist Red Foxes. Nun partido contra os seus rivais, os North Carolina Tar Heels, Kidd-Gilchrist liderou a Kentucky en anotación con 17 puntos, e ademais capturou 11 rebotes, conseguindo o seu primeiro dobre-dobre coma Wildcat. Contra os cuartos clasificados, os Louisville Cardinals, Kidd-Gilchrist fixo a súa actuación máis espectacular da tempada con 24 puntos e 19 rebotes, anotando 13 tiros libres e rematando o partido sen ningunha perda de balón por primeira vez dende que chegara a Kentucky.
Traxectoria profesional [editar]
O 28 de xuño de 2012, Kidd-Gilchrist foi elixido na 2ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Charlotte Bobcats.[4]
Notas [editar]
- ↑ Seth Davis. "Just a junior, quiet but confident Gilchrist is nation's top player". Sports Illustrated. 10 de xullo de 2009. Consultado o 10 de xaneiro de 2010.
- ↑ Future Kentucky Wildcats Michael Gilchrist and Marquis Teague Win Gold
- ↑ Knight, Gilchrist highlight Cats' one-day haul. Consultado o 16 de abril de 2010.
- ↑ UK's starting five opts for draft