Miles Plumlee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miles Plumlee
Axente libre
Posición Pivote / Ala-pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 1 de setembro de 1988 (35 anos)
Fort Wayne, Indiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 113 kg (249 lb)
Información da carreira
Instituto Christ School
(Arden, Carolina do Norte)
Universidade Duke (2008–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 26
Por Indiana Pacers
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Indiana Pacers (2012–2013)
Fort Wayne Mad Ants (2012–2013)
Phoenix Suns (2013–2015)
Milwaukee Bucks (2015–2017)
Charlotte Hornets (2017)
Atlanta Hawks (2017–2019)
Erie BayHawks (2017)
Información en nba.com

Miles Christian Plumlee, nado o 1 de setembro de 1988 en Fort Wayne, Indiana, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Plumlee foi elixido na 26ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Indiana Pacers. Durante a tempada 2012-13 foi asignado en varias ocasións ós Fort Wayne Mad Ants da NBA Development League.[1]

O 27 de xullo de 2013, foi traspasado ós Phoenix Suns xunto a Gerald Green e unha elección da primeira rolda do Draft de 2014 a cambio de Luis Scola.[2]

O 19 de febreiro de 2015, Plumlee foi traspasado xunto a Tyler Ennis ós Milwaukee Bucks, como parte dun acordo entre os Suns, os Bucks e os Philadelphia 76ers.[3]

O 2 de febreiro de 2017, Plumlee foi traspasado ós Charlotte Hornets a cambio de Spencer Hawes e Roy Hibbert.[4]

O 20 de xuño de 2017, Plumlee foi traspasado xunto a Marco Belinelli e a 41ª elección do Draft de 2017 ós Atlanta Hawks, a cambio de Dwight Howard e a 31ª elección do Draft de 2017.[5]

O 7 de xullo de 2019, Plumlee foi traspasado xunto a Solomon Hill ós Memphis Grizzlies, a cambio de Chandler Parsons.[6] O 19 de outubro de 2019, foi cortado polos Grizzlies.[7]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Tempada regular[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2012–13 Indiana 14 3.9 .238 .000 .750 1.6 0.1 0.0 0.2 0.9
2013–14 Phoenix 80 24.6 .517 .561 7.8 0.5 0.6 1.1 8.1
2014–15 Phoenix 54 18.6 .549 .500 5.1 0.5 0.6 1.0 4.3
2014–15 Milwaukee 19 9.9 .492 .375 2.4 0.4 0.3 0.6 3.2
2015–16 Milwaukee 61 14.3 .601 .576 3.8 0.3 0.3 0.8 5.1
2016–17 Milwaukee 32 9.7 .441 .629 1.7 0.6 0.3 0.3 2.6
2016–17 Charlotte 13 13.4 .583 .750 3.2 0.2 0.5 0.3 2.4
2017–18 Atlanta 55 16.7 .583 .450 4.1 0.8 0.3 0.5 4.3
Total 328 16.7 .537 .544 4.6 0.4 0.5 0.8 4.9

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "2012–13 NBA Assignments". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2014. Consultado o 12 de xullo de 2014. 
  2. "Suns Make Important Trade for Future". NBA.com. 27 de xullo de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2013. 
  3. "Bucks Acquire Michael Carter-Williams, Tyler Ennis and Miles Plumlee in Three-Team Trade". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015. 
  4. Hornets Acquire Center Miles Plumlee From Bucks
  5. Hornets Acquire Howard and Draft Pick from Hawks
  6. "Grizzlies acquire Solomon Hill and Miles Plumlee from Hawks". NBA.com. 7 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  7. "Memphis Grizzlies waive three players". NBA.com. 19 de outubro de 2019. Consultado o 20 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]