Thomas Robinson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thomas Robinson
Thomas Robinson of the Kansas Jayhawks vs Iowa State.jpg
Portland Trail Blazers – No. 41
Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 18 de marzo de 1991 (23 anos)
Flag of Washington, D.C..svg Washington, D.C.
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso 111 kg (244 lb)
Instituto Brewster Academy
Wolfeboro, New Hampshire
Información da carreira
Universidade Kansas
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 5

Escollido por Sacramento Kings

Carreira dende 2012
Historial de equipos
Sacramento Kings (2012-2013)
Houston Rockets (2013)
Portland Trail Blazers (2013-presente)
Información en nba.com

Thomas Earl Robinson, nado o 18 de marzo de 1991 en Washington, D.C., é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Portland Trail Blazers da National Basketball Association (NBA).

Instituto[editar | editar a fonte]

Robinson xogou ó baloncesto no Brewster Academy en Wolfeboro, New Hampshire. No seu último ano, fixo 16 puntos, 13 rebotes e 5 tapóns por partido. Era considerado coma o segundo mellor xogador do seu equipo, xusto despois de Charlie Henn, quen era ademais o seu mellor amigo.

Traxectoria universitaria[editar | editar a fonte]

Robinson comezou o seu ano coma junior e a tempada 2011-2012 coma un dos 50 candidatos ó premio John R. Wooden da pretempada.[1] Xunto ó seu compañeiro de equipo Tyshawn Taylor, esperábase que Robinson se convertera nun dos líderes do equipo de Kansas. O 31 de decembro de 2011, nun partido contra Dakota do Norte, Robinson anotou 30 puntos e capturou 21 rebotes. Foi o primeiro xogador de Kansas en facer 30 puntos e 20 rebotes dende que o fixera Wayne Hightower en 1961 contra Misuri, tras conseguir 36 puntos e 21 rebotes.[2] Ó remate da tempada regular da conferencia Big 12, Robinson foi segundo en dobres-dobres conseguidos, con 22, por detrás de O.D. Anosike do Siena College. Robinson rematou ademais acadando 18 puntos e 11.9 rebotes por partido.

O 4 de marzo de 2012, Robinson foi nomeado Xogador do Ano da Big 12 de 2012, seleccionado polos adestradores.[3] O 5 de marzo de 2012, foi galardoado co premio Associated Press ao Xogador do Ano da Big 12.[4]

O 9 de abril de 2012, Robinson decidiu saltarse o seu último ano universitario, e declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.[5]

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2012, Robinson foi elixido na 5ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Sacramento Kings.

O 20 de febreiro de 2013, Robinson foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Francisco García e Tyler Honeycutt a cambio de Cole Aldrich, Patrick Patterson e Toney Douglas.[6]

O 10 de xullo de 2013, Robinson foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio dos dereitos de Kostas Papanikolaou e Marko Todorovic, ademais de dúas futuras de eleccións da segunda rolda do Draft.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]