Arnett Moultrie
| Philadelphia 76ers – No. 5 | |
| Ala-pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de novembro de 1990 (22 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
| Peso | 111 kg (245 lb) |
| Instituto | Raleigh Egypt (Memphis, Tennessee) |
| Información da carreira | |
| Universidade | UTEP (2008–2010) Mississippi State (2011–2012) |
| NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 27
Escollido por Miami Heat |
| Carreira | dende 2012 |
| Historial de equipos | |
| Philadelphia 76ers (2012-presente) | |
| Información en nba.com | |
Arnett Nathaniel Moultrie, nado o 18 de novembro de 1990 en Queens, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Instituto [editar]
Na tempada coma junior no Raleigh-Egypt High School, Moultrie fixo 15 puntos, 8 rebotes e 2 tapóns por partido. Na súa tempada senior, acadou 15 puntos, 8 rebotes e 4 tapóns por encontro.[1]
Traxectoria universitaria [editar]
Freshman [editar]
Na súa primeira tempada en UTEP, Moultrie fixo 8.8 puntos e 8.2 rebotes por partido, e foi incluído no All-Freshman Team da conferencia USA. No College Basketball Invitational, Moultrie aumentou os seus números ata 13.2 puntos e 8.7 rebotes por partido, pero non puido evitar a derrota de UTEP na rolda final contra Oregon State.[1]
Sophomore [editar]
Na súa tempada sophomore en UTEP, acadou 9.8 puntos e 6.7 rebotes por partido. No Torneo Conference-USA, fixo 12.0 puntos por encontro e gañouse un posto no mellor quinteto do torneo.[1]
Junior [editar]
Moultrie foi forzado a non xogar durante unha tempada tras trasladarse á Universidade de Mississippi State. Na súa primeira tempada xogando para Mississippi State, Moultrie acadou 16.4 puntos e 10.5 rebotes por partido.[2] Foi ademais incluído no equipo All-SEC.[3] O 28 de marzo de 2012, Moultrie decidiu declararse elixible para o Draft da NBA de 2012.[4]
Traxectoria profesional [editar]
Moultrie foi elixido na 27ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Miami Heat. Despois foi traspasado ós Philadelphia 76ers a cambio de Justin Hamilton e unha futura elección de primeira rolda do Draft.[5]
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Arnett Moultrie Profile". Mississippi State University Bulldogs Official Athletics site. http://www.hailstate.com/ViewArticle.dbml?DB_OEM_ID=16800&ATCLID=205027519. Consultado o 22 de xuño de 2012.
- ↑ "Arnett Moultrie Profile". espn.go.com. http://espn.go.com/mens-college-basketball/player/_/id/41183/arnett-moultrie. Consultado o 22 June 2012.
- ↑ "2012 SEC Men's Basketball Awards Announced". http://www.secdigitalnetwork.com/NEWS/tabid/473/Article/232339/2012-sec-mens-basketball-awards-announced.aspx. Consultado o 22 June 2012.
- ↑ Marcello, Brandon. "Moultrie to declare for NBA Draft, end career at MSU". http://blogs.clarionledger.com/msu/2012/03/28/moultrie-expects-to-sign-with-agent-end-msu-career/. Consultado o 22 de xuño de 2012.
- ↑ "Sixers get Arnett Moultrie from Heat". nba.com. http://www.nba.com/2012/news/06/28/draft-heat-76ers-trade.ap/index.html. Consultado o 6 de xullo de 2012.