Quincy Acy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quincy Acy
Sacramento Kings – No. 5
Aleiro / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 6 de outubro de 1990 (24 anos)
Flag of Texas.svg Tyler, Texas
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso 102 kg (225 lb)
Instituto John Horn HS
(Mesquite, Texas)
Información da carreira
Universidade Baylor
NBA Draft 2012 / Rolda: 2 / Elección: 37

Escollido por Toronto Raptors

Carreira dende 2012
Historial de equipos
Toronto Raptors (2012–2013)
Bakersfield Jam (2012–2013)
Sacramento Kings (2013–presente)
Información en nba.com

Quincy Acy, nado o 6 de outubro de 1990 en Tyler, Texas, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA).

Instituto[editar | editar a fonte]

No seu ano senior no instituto, Acy fixo 17.8 puntos e 7.8 rebotes por partido. Foi clasificado coma o 80º mellor xogador do país e o 22º mellor ala-pivote.[1]

Traxectoria universitaria[editar | editar a fonte]

Freshman[editar | editar a fonte]

Acy xogou para os Baylor Bears na Universidade. Coma freshman, acadou 5.4 puntos e 3.6 rebotes por partido. Foi elixido Rookie da Semana da conferencia Big 12 o 24 de novembro.[1]

Sophomore[editar | editar a fonte]

Na súa tempada sophomore, Acy fixo 9.3 puntos e 5.1 rebotes por partido, sendo o sexto home de Baylor. Foi ademais incluído no mellor quinteto de reservas da Big 12.[1]

Junior[editar | editar a fonte]

Coma junior, aumentou os seus números até 12.4 puntos e 7.6 rebotes por partido. Na primeira rolda do torneo da Big 12, Acy anotou 21 puntos e capturou 15 rebotes, a marca máis alta da súa carreira, na derrota contra Oklahoma. Ó remate da tempada, foi nomeado Sexto Home do Ano da Big 12.[1]

Senior[editar | editar a fonte]

Na súa derradeira tempada en Baylor, acadou 12.0 puntos e 7.4 rebotes por encontro. Ó remate da tempada, foi elixido no segundo mellor equipo da Big 12 polos adestradores da conferencia, e foi tamén incluido no mellor quinteto defensivo.[1]

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2012, Acy foi elixido na 37ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Toronto Raptors.

O 9 de decembro de 2013, os Raptors traspasaron a Acy, Rudy Gay e Aaron Gray ós Sacramento Kings a cambio de Greivis Vasquez, Patrick Patterson, John Salmons e Chuck Hayes.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]