Tyshawn Taylor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tyshawn Taylor
Auxilium Torino  – No. 15
Información persoal
Nacemento 12 de abril de 1990 (34 anos)
Hoboken, Nova Jersey
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 84 kg (185 lb)
Posición Base
Liga Lega Basket Serie A
Información da carreira
Instituto St. Anthony (Jersey City, New Jersey)
Universidade Kansas (2009–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 2 / Elección: 41
Por Portland Trail Blazers
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Brooklyn Nets (2012–2014)
Springfield Armor (2012–2014)
Maine Red Claws (2014)
Atléticos de San Germán (2014)
Dynamo Moscova (2014–2015)
Indios de Mayagüez (2015)
Guaros de Lara (2016)
Maccabi Kiryat Gat (2016–2017)
Ankara DSİ (2017)
Samsun BSB Anakent (2018)
Auxilium Torino (2018–presente)

Tyshawn Jamar Taylor, nado o 12 de abril de 1990 en Hoboken, Nova Jersey, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no Auxilium Torino da Lega Basket Serie A.

Instituto[editar | editar a fonte]

Taylor asistiu ó St. Anthony High School en Nova Jersey, onde xogou para o adestrador Bob Hurley. Durante a tempada 2007-08, o equipo fixo unha marca de 32-0.

Traxectoria universitaria[editar | editar a fonte]

Freshman[editar | editar a fonte]

Taylor acadou 7.2 puntos e 3.4 asistencias por partido na tempada 2009-10 cos Kansas Jayhawks, que gañaron a tempada regular da Big 12, e tamén o torneo da conferencia. Taylor foi elixido Freshman do Ano da Big 12 Conference de 2010.

Sophomore[editar | editar a fonte]

Taylor fixo 9.3 puntos e 4.6 asistencias no seu segundo ano. Liderou ó equipo en asistencias, e foi cuarto na Big 12. O 21 de febreiro de 2011, Taylor foi suspendido indefinidamente polo equipo por violar as normas do equipo.[1]

Sénior[editar | editar a fonte]

Sendo titular por cuarto ano consecutivo, Taylor e o seu compañeiro Thomas Robinson lideraron a Kansas ó campionato nacional antes de perder contra os Kentucky Wildcats.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2012, Taylor foi elixido na 41ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Portland Trail Blazers, pero foi traspasado ós Brooklyn Nets a cambio dunha compensación económica. Taylor asinou un contrato cos Nets o 6 de xullo de 2012.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://sports.espn.go.com/ncb/news/story?id=6144510
  2. Bontemps, Tim. "Nets sign second-round pick Taylor". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2013. Consultado o 15 de xullo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]