Terrence Ross
| Toronto Raptors – No. 31 | |
| Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 5 de febreiro de 1991 (22 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
| Peso | 98 kg (215 lb) |
| Instituto | Jefferson High School |
| Información da carreira | |
| Universidade | Washington |
| NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 8
Escollido por Toronto Raptors |
| Carreira | dende 2012 |
| Historial de equipos | |
| Toronto Raptors (2012-presente) | |
| Información en nba.com | |
Terrence Ross, nado o 5 de febreiro de 1991 en Portland, Oregon, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Toronto Raptors da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Instituto [editar]
Ross xogou no Jefferson High School en Portland, Oregon os seus dous primeiros anos de instituto. Coma sophomore, Ross gañou o premio Oregon 5A ó Xogador do Ano, tras liderar a Jefferson a gañar o primeiro de tres campionatos de estado consecutivos. Pasou o súa tempada coma junior na Montrose Christian School en Rockville, Maryland. Ross voltou ó Jefferson High School no seu derradeiro ano, pero non xogou ó baloncesto.[1]
Traxectoria universitaria [editar]
Na primeira tempada de Ross coma xogador universitario, acadou 8.0 puntos, 2.8 rebotes e 1.0 asistencias por partido. Foi incluído coma mención honorífica no equipo All-Freshman da Pac-10. Foi incluído tamén no mellor equipo de todo o torneo tras facer 15.3 puntos e 2.7 rebotes por partido no Torneo Pac-10.
Na súa tempada coma sophomore, fixo 16.4 puntos, 6.4 rebotes e 1.4 asistencias por partido. Grazas a esta actuación, Ross formou parte do primeiro Equipo All-Pac-12. Washington chegou ás semifinais do torneo nacional, pero perdeu contra os Minnesota Golden Gophers. Nese torneo, Ross acadou 25 puntos e 5.5 rebotes por partido.[1] O 1 de abril de 2012, Ross decidiu declararse elixible para o Draft da NBA de 2012.[2]
Traxectoria profesional [editar]
O 28 de xuño de 2012, Ross foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Toronto Raptors.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 "Terrence Ross Profile". gohuskies.com. http://www.gohuskies.com/sports/m-baskbl/mtt/ross_terrence00.html. Consultado o 26 de maio de 2012.
- ↑ "Terrence Ross Declares for NBA Draft". gohuskies.com. http://www.gohuskies.com/sports/m-baskbl/spec-rel/040112aab.html. Consultado o 26 de maio de 2012.