Maurice Harkless
| Orlando Magic – No. 21 | |
| Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de maio de 1993 (20 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
| Peso | 86 kg (190 lb) |
| Instituto | South Kent |
| Información da carreira | |
| Universidade | St. John's (2011-2012) |
| NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 15
Escollido por Philadelphia 76ers |
| Carreira | dende 2012 |
| Historial de equipos | |
| Orlando Magic (2012-presente) | |
| Información en nba.com | |
Maurice "Moe" Harkless, nado o 11 de maio de 1993 en New York City, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Orlando Magic da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Instituto [editar]
No seu ano coma junior en Forest Hills, foi nomeado Xogador do Ano polo New York Daily News tras facer 16.5 puntos e 11.5 rebotes por partido. Harkless xogou no South Kent High School no seu último ano e acadou 27.2 puntos, 13.6 rebotes e 4.2 asistencias por partido.[1]
Traxectoria universitaria [editar]
No primeiro ano de Harkless en St. John's, fixo 15.5 puntos e 8.6 rebotes por partido. Foi ademais nomeado Rookie do Ano da Big East Conference. Tras a súa tempada coma freshman, Harkless declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.[2]
Traxectoria profesional [editar]
O 28 de xuño de 2012, Harkless foi elixido na 15ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Philadelphia 76ers. O 10 de agosto de 2012, foi traspasado ós Orlando Magic, no traspaso que mandou a Dwight Howard ós Los Angeles Lakers.[3]
Notas [editar]
- ↑ "Moe Harkless Profile". St. John's University official athletic site. http://www.redstormsports.com/sports/m-baskbl/mtt/harkless_moe00.html. Consultado o 19 de xuño de 2012.
- ↑ "Moe Harkless leaving St. John's Red Storm early for NBA Draft". espn.go.com. http://espn.go.com/new-york/story/_/id/7709890/moe-harkless-leaving-st-john-red-storm-early-nba-draft. Consultado o 19 de xuño de 2012.
- ↑ "It's official: Howard dealt to Lakers in four-team trade". NBA. 2012-08-10. http://www.nba.com/2012/news/08/10/dwight-howard-trade.ap/index.html. Consultado o 2012-08-10.