Doron Lamb
| Milwaukee Bucks – No. 20 | |
| Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de novembro de 1991 (21 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
| Peso | 95 kg (210 lb) |
| Instituto | Oak Hill Academy (Mouth of Wilson, Virxinia) |
| Información da carreira | |
| Universidade | Kentucky (2010–2012) |
| NBA Draft | 2012 / Rolda: 2 / Elección: 42
Escollido por Milwaukee Bucks |
| Carreira | dende 2012 |
| Historial de equipos | |
| Milwaukee Bucks (2012-presente) | |
| Información en nba.com | |
Doron Lamb, nado o 6 de novembro de 1991 en Queens, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Instituto e universidade [editar]
Lamb graduouse no Oak Hill Academy.[1] No instituto, recibiu os galardóns McDonald's All-America e Jordan Brand Classic All-America.[1] Despois, asistiu á Universidade de Kentucky. No seu primeiro ano, os Wildcats chegaron á Final Four da NCAA e perderon por un só punto contra os UConn Huskies. No seu segundo ano, os Wildcats conseguiron un récord de 38-2, e gañou o Campionato da NCAA de 2012.
Traxectoria profesional [editar]
En abril de 2012, Lamb anunciou que se presentaba ó Draft da NBA de 2012, xunto ós seus compañeiros en Kentucky Anthony Davis, Marquis Teague, Terrence Jones e Michael Kidd-Gilchrist. O 28 de xuño de 2012, Lamb foi elixido na 42ª posición do Draft polos Milwaukee Bucks. Asinou un contrato por varios anos cos Bucks.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 "Doron Lamb Profile — Kentucky Wildcats Official Athletic Site". http://www.ukathletics.com/sports/m-baskbl/mtt/lamb_doron00.html. Consultado o 2 de abril de 2012.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Biografía en Kentucky (en inglés)
- Perfil en NBADraft.net (en inglés)
- Perfil en Scout.com (en inglés)
- Perfil en Rivals.com (en inglés)