Bradley Beal
| Washington Wizards – No. 3 | |
| Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de xuño de 1993 (19 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
| Peso | 94 kg (207 lb) |
| Instituto | Chaminade College Prep. School St. Louis, Misuri |
| Información da carreira | |
| Universidade | Florida (2011–2012) |
| NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 3
Escollido por Washington Wizards |
| Carreira | dende 2012 |
| Historial de equipos | |
| Washington Wizards (2012-presente) | |
| Información en nba.com | |
Bradley Beal, nado o 28 de xuño de 1993, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Washington Wizards da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Instituto [editar]
Beal acudiu ao Chaminade College Preparatory School en St. Louis, Misuri. Competiu cos Estados Unidos no Campionato do Mundo da FIFA sub-17 de 2010, conseguindo a medalla de ouro con Beal acadando 18 puntos por partido.[1] Durante o seu ano coma senior no instituto, Beal fixo 32.5 puntos, 5.7 rebotes e 2.8 asistencias por partido. Ao remate desa tempada, foi elixido Mr. Show-Me Basketball de 2011, galardón entregado ó mellor xogador de baloncesto de instituto do estado de Misuri.[2] Foi ademais nomeado Xogador do Ano Gatorade de 2011.
Traxectoria universitaria [editar]
Beal decidiu ir á Universidade de Florida o 30 de novembro de 2009.[3] No seu primeiro partido en Florida, Beal foi titular e anotou 14 puntos. Foi nomeado Freshman da Semana o 28 de novembro de 2011, tras facer 8.5 puntos, 7 rebotes, 2 asistencias e 1.5 roubos de balón nas vitorias contra Wright State e Jacksonville.[4] Beal gañaría outros cinco premios de Freshman da Semana, e foi elixido no mellor equipo de Freshman da tempada.[5] Beal rematou a tempada coma o segundo maior anotador do equipo con 14.8 puntos por partido.
O 13 de abril de 2012, Beal anunciou que non ía disputar a súa tempada coma sophomore, e declarou a súa intención de presentarse ó Draft da NBA de 2012.[6]
Traxectoria profesional [editar]
O 28 de xuño de 2012, Beal foi elixido na 3ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Washington Wizards.
Notas [editar]
- ↑ "FIBA.com-2010 FIBA U17 World Championship for Men Top Players". http://www.hamburg2010.fiba.com/pages/eng/fe/10/fu17wc/men/statistics/p/eid/4718/sid/4718/tid/379/top-players.html.
- ↑ "Mr. and Miss Show-Me Basketball". http://www.mobca.org/ShowMeBasketball/default.html.
- ↑ "Rivals.com-Brad Beal recruiting profile". http://rivals.yahoo.com/ncaa/basketball/recruiting/player-Brad-Beal-88579.
- ↑ "Beal Named SEC Freshman of the Week". http://www.gatorzone.com/story.php?id=21898. Consultado o 29 de novembro de 2011.
- ↑ "Three Gators Earn Men's Basketball All-SEC Honors, Young Named Scholar-Athlete of the Year". http://www.gatorzone.com/story.php?id=22575. Consultado o 6 de marzo de 2012.
- ↑ Harry, Chris. "Bradley Beal Informs Gators of Intentions to Turn Pro". http://www.gatorzone.com/story.php?id=22903. Consultado o 13 de abril de 2012.