Kendall Marshall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kendall Marshall
Posición Base
Información persoal
Nacemento 19 de agosto de 1991 (32 anos)
Virxinia Dumfries, Virxinia
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Información da carreira
Instituto Bishop O'Connell
(Arlington, Virginia)
Universidade North Carolina (2010–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 13
Por Phoenix Suns
Carreira 2012–2017
Historial de equipos
Phoenix Suns (2012–2013)
Bakersfield Jam (2012)
Delaware 87ers (2013)
Los Angeles Lakers (2013–2014)
Milwaukee Bucks (2014–2015)
Philadelphia 76ers (2015–2016)
Reno Bighorns (2016–2017)
Agua Caliente Clippers (2017)

Kendall Dewan Marshall, nado o 19 de agosto de 1991 en Dumfries, Virxinia, é un ex xogador e actual adestrador de baloncesto profesional estadounidense.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2012, Marshall foi elixido na 13ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Phoenix Suns. O 16 de xullo de 2012, asinou un contrato por varios anos cos Suns. O 4 de novembro de 2012, fixo o seu debut oficial na NBA contra os Orlando Magic.

O 25 de outubro de 2013 foi traspasado xunto a Marcin Gortat, Shannon Brown e Malcolm Lee ós Washington Wizards a cambio de Emeka Okafor e unha elección de primeira rolda do Draft de 2014.[1] Tres días máis tarde, Marshall, Brown e Lee foron cortados polos Wizards.[2]

O 20 de decembro de 2013, Marshall asinou cos Los Angeles Lakers.[3] O 3 de xaneiro de 2014 saíu coma titular contra os Utah Jazz, e fixo 20 puntos e 15 asistencias na vitoria dos Lakers por 110-99, rematando así cunha xeira de seis partidos perdidos consecutivos.[4]

O 20 de xullo de 2014, Marshall asinou cos Milwaukee Bucks.[5] O 19 de febreiro de 2015 volveu ós Phoenix Suns tras ser traspasado nun acordo entre os Bucks, os Suns e os Philadelphia 76ers.[6] Dous días máis tarde foi cortado polos Suns.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Wizards Acquire Gortat From Suns". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 25 de outubro de 2013. Consultado o 25 de outubro de 2013. 
  2. "Wizards Waive Brown, Lee and Marshall". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 28 de outubro de 2013. Consultado o 28 de outubro de 2013. 
  3. "Lakers Sign Kendall Marshall". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 20 de decembro de 2013. Consultado o 24 de decembro de 2013. 
  4. "Gasol, Marshall lead Lakers over Jazz 110-99". ESPN.com. Associated Press. 3 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2014. Consultado o 06 de xaneiro de 2014. 
  5. "Bucks Awarded Kendall Marshall". NBA.com. Consultado o 22 de xullo de 2014. 
  6. "Suns Acquire Brandon Knight in Three-Team Trade". 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015. 
  7. "Suns Sign Barron to 10-Day Contract". NBA.com. 21 de febreiro de 2015. Consultado o 21 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]