Meyers Leonard
| Portland Trail Blazers – No. 11 | |
| Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de febreiro de 1992 (21 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,16 m (7 ft 1 in) |
| Peso | 111 kg (245 lb) |
| Instituto | Robinson High School Robinson, Illinois |
| Información da carreira | |
| Universidade | Illinois (2010-2012) |
| NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 11
Escollido por Portland Trail Blazers |
| Carreira | dende 2012 |
| Historial de equipos | |
| Portland Trail Blazers (2012-presente) | |
| Información en nba.com | |
Meyers Patrick Leonard, nado o 27 de febreiro de 1992 en Robinson, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Portland Trail Blazers da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Instituto [editar]
Leonard entrou no instituto xogando coma base e escolta, pero foi convertido a pivote tras medrar 15 centímetros entre o primeiro e o segundo ano. No instituto, Leonard foi nomeado membro do Equipo All-American de Illinois en 2010, seleccionado por Associated Press, Chicago Tribune, Chicago Sun-Times, News-Gazette e a Asociación de Adestradores de Baloncesto de Illinois. Leonard liderou ó Robinson HS ó campionato 2A da IHSA (Asociación de Institutos de Illinois) [1] antes de elixir xogar ó baloncesto na Universidade de Illinois.
Traxectoria universitaria [editar]
Freshman [editar]
Durante a tempada 2010-11 en Illinois, Leonard fixo 2.1 puntos e 1.2 rebotes en 8.2 minutos por partido.[2]
Sophomore [editar]
Coma sophomore, Leonard aumentou os rexistros do primeiro ano, facendo 13.6 puntos e 8.2 puntos por partido.[2] Foi nomeado co-xogador da semana da Big 10 o 5 de decembro de 2011, tras acadar 16.5 puntos e 6.0 rebotes por partido en dúas vitorias de Illinois.[3] Leonard foi tamén xogador da semana da Big 10 o 26 de decembro de 2011, tras facer 16.5 puntos e 14.5 rebotes por partido en dous encontros.[4] Ó remate da tempada, Leonard foi nomeado mención honorífica do All Big-10.[5]
Traxectoria profesional [editar]
O 28 de xuño de 2012, Leonard foi elixido na 11ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Portland Trail Blazers.
Notas [editar]
- ↑ "Boys basketball Class 2A championship". Chicago Tribune. 14 de marzo de 2010. http://articles.chicagotribune.com/2010-03-14/sports/chi-prep-bkb-2a-championship-march14_1_robinson-class-2a-championship-cashes.
- ↑ 2,0 2,1 "Player Bio: Meyers Leonard". FightingIllini.com. http://www.fightingillini.com/sports/m-baskbl/mtt/leonard_meyers00.html.
- ↑ "Illinois, Indiana and Michigan State Claim Weekly Accolades". bigten.org. http://www.bigten.org/sports/m-baskbl/spec-rel/120511aaa.html. Consultado o 26 de xuño de 2012.
- ↑ "Leonard named Big 10 Player of the Week again". fightingillini.com. http://www.fightingillini.com/sports/m-baskbl/spec-rel/122611aaa.html. Consultado o 26 de xuño de 2012.
- ↑ "2011-12 All-Big Ten Men’s Basketball Team". BigTen.org. CBS Interactive. 2012-06-26. http://grfx.cstv.com/photos/schools/big10/sports/m-baskbl/auto_pdf/2011-12/misc_non_event/B1GMBB12Awards.pdf. Consultado o 2012-03-07.